Novas Xuño 2016
Fallo do Premio "Freire Carril 2016"
Data: 03/06/2016

A directiva da Asociación Cultural Agromadas, constituida en xurado para o fallo do premio Freire Carril 2016,

 

Tomou o acordo seguinte:

 

Conceder o Freire Carril 2016 a

 

 D. José Antonio Rivera Pereira,

 José Antonio Rivera Pereira, nace en Seixalbo por o ano 1944, críase cos seus abós maternos, onde vive ata a súa adolescencia, o que fai que a impronta do seu pobo o acompañe durante toda a súa trexectoria vital, como veremos na seguinte exposición.

De moi novo, con 22 anos, crea xunto con outros familiares, a empresa “Pretensados Xeixalvo”, xerando así os principios do que logo se convirtiu na importante “Zona Industrial de Seixalbo”, onde se crearon, tempo despois, importantes empresas, que deron traballo a moitas persoas de Seixalbo e doutros lugares, poñendo de manifesto co nome da empresa, a súa intención de que Xeixalvo,o seu pobo, viaxe pegado ós seus productos alá por donde vaian éstes.

Neste senso compre lembrar que nos anos sesenta do século pasado o franquismo e a súa dictadura prohiben o idioma galego, impondo os nomes e a toponimia toda en castelán. Polo que abe lembrar que o nome oficial era Sejalvo e que falar galego era algo de paletos. Lembrade un eslogán do franquismo: habla correctamente, No seas barbaro. Habla castellano.

En 1972, esta empresa convértése en “Xeixalvo elementos para la construcción”, e pasa a ser totalmente da súa propiedade, sendo o el administrador único da mesma.

Mais tarde crea tamén “Postes Xeixalvo”, que como as anteriores leva o nome do pobo como bandeira. Sempre se distinguiu, ésta persoa, pola súa predisposición a darlle traballo, nas súas empresas a persoas do pobo, contando en algún momento con unha boa cantidade de obreiros de Seixalbo.

Tamén colaborou sempre con todas as asociacións do pobo, en todos os eventos que se celebraban no mesmo, (festas, semanas culturais, etc.). As portas da súa empresa sempre estiveron abertas para todas as comisións de veciños que foron a pedir unha axuda. E en particular, a A.C. “Agromadas” tamén tivo a oportunidade de comprobalo cando nos seus inicios 1987 costeou do seu peto un órgano electrónico.

Jose Antonio sempre tivo unha grande admiración polo seu abó José Pereira Rodeiguez, o cal foi alcalde de Seixalbo e no 1916 foi elexido alcalde de Ourense. Polo que este ano cumplense 100 anos do seu nomeamento.

 

Os propoñentes creemos que Seixalbo ten unha débeda cos veciños que no seu día serviron ó común e que foron referentes nas diferentes facetas da súa vida na nosa Vila, pois ésta xente engrandece ós pobos e anima a que outros sigan a súa estela.

Ademais de todo o exposto, un dos obxectivos do premio Freire Carril é dar a coñecer Seixalbo en toda Galicia e alen das súas fronteiras, cuestión á que axudou enormemente o mentado veciño.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net