Novas Decembro 2012
Seixalbo na TVG
Data: 11/12/2012
É unha boa cousa que falen de un, e mellor que falen ben. "Descubrimos os recunchos da localidade ourensá de Seixalbo", así titularon a pequena reportaxe sobre o noso lugar emitida no TELEXORNAL SERÁN  da TVG dentro do espazo "Descubrir Galiza" o 11 do XII de 2012.
Ademais dunhas imaxes do casco vello M. Herminio di unhas palabras sobre a loita foral.

http://www.crtvg.es/informativos/descubrimos-a-historia-e-os-recunchos-da-localidade-ourensa-de-seixalbo-485280#.UMjgxNl6Xlk.facebook
Seixalbo na Gallaecia Petrea
Data: 10/12/2012
A Exposición na Cidade da Cultura "Gallaecia Petrea" vai permanecer aberta ata o vindeiro mes de marzo. A decisión de ampliar as datas da exposición foi tomada por mor do éxito de visitas e interese espertado entre galegos e visitantes. Pois ben, para os que a visiten, unha das pezas procede do Museo Catedralicio de Ourense, onde está depositada esta marabilla do románico, a Virxe de Seixalbo.

Asamblea Xeral da Asociación de Veciños
Data: 01/12/2012

O día 1 de decembro tivo lugar a Asemblea xeral da Asociación de Veciños San Breixo na que están representados a meirande parte dos seixalbeses.
Presentáronse as contas, que foron aprobadas por unanimidade, fíxose o balance das moitas actividades levadas a cabo durante o ano e fixáronse obxectivos a acadar: arranxar o camiño de Riazón, o recanto do foro e da Requeixada, o lavadoiro de Amendo, buscar lugares para aparcamentos gratuítos e públicos; a este respecto deron pormenorizada conta das xestións feitas para que o novo plan de ordenamento municipal contemple e tramite a adquisición ou cesión de algunhas fincas que terían este fin e que axudarían a liberar as rúas de coches.Xa na quenda de intervencións, a meirande parte dos presentes manifestaron o su malestar pola colocación de cubos de pedra na Praza Maior para evitar a aglomeración de coches; a directiva afirmou que foran consultados sobre esa medida, que en principio pareceu ebn, pero non da localización e distribución destes e que estaban facendo trámites para reorganizalos, engadindo que, se a Praza non se empregara como aparcamento, non estarían agora os cubos alí.
Levantou tamén moita polémica a intervención dun veciño que se sinte se foi contra el de mala fe cando un grupo de veciños entregan un escrito á Directiva para que o tramitase ante o Concello preguntado se tiña autorización para o cerramento da finca situada en Amendo, a carón dos colectores de lixo, tendo en conta que xa deixaba unha media de metro e medio para o camiño respecto ó cerramento vello.
A directiva defendeuse dicindo que só se tramitara unha pregunta que se presentara no Concello e na Confederación Hidrográfica, posto que a Asociación participa activamente na Plataforma Ríos Limpos.Dáse a casualidade que a Asociación estaba tramitando a merca desa finca para que servise de aparcadoiro público. Algúns veciños interviron en defensa das xestións da Asociación, argumentando que os retranqueos e permisos deben ser tramitados por todos.Finalizou a asamblea co anuncio da convocatoria de eleccións que se levará a cabo no derradeiro trimestre do vindeiro ano e a intención de non presentarse de novo á reelección.

O cerramento dunha finca en Amendo acaparaou unha boa parte do tempo da Asamblea


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net