Novas Novembro 2014
As Canellas: 1º Ciclo de Canón popular
Data: 08/11/2014
A Asociación xuvenil as Canellas organiza unha serie de activides cuturais centradas na música popular. Para o día 8 esta é a programación:
Ás 12.15 estarán na cadena Ser Emilio Rúa mais David Seixalbo falando sobre o IºCiclo da Canción Popular 
Ás 16.30 Inauguración do I Ciclo de Canción Popular e presentación das actividades que conforman o programa.
17:00 -Charla e coloquio sobre o papel do percusionista e o manexo de instrumentos de percusión na música popular actual a cargo do músico e especialista Marcos P. Saburido.
17:00 –Obradoiro de Xogos Populares 
18:30 – Charla e coloquio sobre o arranxo musical con instrumentos de corda (guitarra, mandolina, mandola, banjo, dobro…) na creación da música popular actual e a mestizaxe con outras culturas a cargo do músico e especialista Jose Gayoso.
20:00 – Mesa redonda con participantes no Certame de novos creadores deste I Ciclo da Canción Popular sobre a nova visión da música popular no século XXI.

Para rematar o vindeiro domingo en Penouzos actuará Emilio Rúa e Teoría de cordas, despois do magosto que organiza Agromadas.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net