Novas Xullo 2012
Festa dos foros: Premio Freire Carril para Carmen Avendaño
Data: 08/07/2012

Aínda que con moi pouco presuposto a Asociación Agromadas en colaboración de todos os veciños esforzouse por que a VIII edición da festa dos Foros fose unha xornada festiva e entrañable. Xogos populares e cafés no Cabildo, con xeados, larpeiradas e postos de artesanía, pementos e logo todos a recibir a glardoada neste ano co Premio Freire Carril: Dona Carme Avendaño, da Fundación Érguete.

As palabras de Carme Avendaño suliñando as semellanzas da súa loita coa que mantiveron os veciños contra a inxustiza fixeron vibrar ó público.

 Logo houbo bailes tradicionais a cargo de excompoñentes de Castro Floxo, a meirande parte deles de Seixalbo, lugar onde naceu esta formación.

 Para rematar, unha boa queimada.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/07/08/seixalbo-retrocede-tiempo/663536.html

Dona Carmen Avendaño con membros da Directiva de Agromadas no momento da entrega do premio Freire Carril

Polas Rúas na Festa dos Foros


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net