Novas Abril 2013
O viño en Galicia: charla e cata
Data: 27/04/2013
O día 27 ás nove da tarde no local de Agromadas terá lugar unha nova charla a cargo de José Carballido Presas sobre o tema do viño.

Agromadas pretende con esta serie de actividades sobre o viño volver á actividade que deu orixe ó lugar de Seixalbo, facendo del un referente nos arredores de Ourese: o cultivo da vide e produción de viño; e como non, trátase tamén de ir facendo camiño cara a Festa dos Foros da que este ano se vai celebrar a VIII edición. 
O grupo coruñés "Ártabros" visita Seixalbo
Data: 21/04/2013
Ás once da mañá, no outeiro da Santa Ádega o presidente da Asociación de veciños San Breixo, J. A. Cid Boo e varios membros de Agromadas recibiron ó grupo de montañeiros da Coruña Ártabros. Desde alí acompañaron ó grupo formado por máis de cincuenta persoas nunha visita guiada polos recunchos de Seixalbo. Logo continuaban camiño ata Outariz.


Nova edición do premio "Freire Carril"
Data: 10/04/2013
Queda aberto o prazo para a presentación de candidaturas aberta a todo o mundo para a V Edición do Premio Freire Carril. Con este galardón a Asociación Agromadas quere recoñecer a aquelas persoas e entidades que traballen a prol da cultura ou da mellora da sociedade dun xeito desinteresado, valorando a súa traxectoria neste eido. Preténse tamén lembrar a xa mítica figura de Fernanso Freire Carril que dedicou grandes esforzos durante máis de vinte anos a conseguir que os seus conveciños se visen eximidos do pago do foro ao Bispo e Cabido de Ourese, a mediados do século XIX.
As candidaturas de presentación argumentando as razóns polas que as persoas ou entidades cren que o candidato é merecedor do premio deberán enviarse por correo ordinario ó enderezo: Asociación Cultural Agromadas. Rúa A. Arce, Seixalbo. 32970 Ourense, ou por correo electónico: agromadas@seixalbo.com facendo constar PREMIO FREIRE CARRIL.
O Prazo será ata o 31 de maio.
O xurado entregará o premio o día 29 de xuño, coincidindo coa VIII edición da Festa dos Foros en Seixalbo.
A Asociación as Canellas xunto coa Conecellaría de Cultura de Ourense convocan o 1º certame de relato curto
Data: 07/04/2013
A Asociación Xuvenil "As Canellas" de Seixalbo convoca en colaboración co Concello de Ourense o 1º certame de relato que nesta edición terá como tema A Santa Compaña. 
Pódense consultar as bases no seguinte link:
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net