Novas Outubro 2011
Agromadas: actividades
Data: 22/10/2011
22-oct-2011
Pintura de Migel Karballo Álvarez, autor do libro Socioeconomía Humanizada.

Pintura de Migel Karballo Álvarez, autor do libro Socioeconomía Humanizada.

A Asociación Agromadas pecha o calendario de actividades para este último trimestre.

O sábado 29 presenta Miguel Karballo a súa obra “Socioeconomía Humanizada”, proposta innovadora de organización cívica, social, económica e política. É posible unha democracia real e participativa sen unha cidadanía autoorganizada?
Debatiremos co autor a súa proposta.
A nota musical da velada correrá a cargo de Daniel Alexandre Iglesias Losada, profesor de guitarra, e Leonardo Blanco, profesor de violín.
O domingo 6 de novembro a Asociación celebrará á 1 a Asemblea Xeral Ordinaria. A continuación será o Magosto, ao que están convidados socios e non socios; para participar cómpre retirar as invitacións na librería Solaina, na Praza Maior de Seixalbo (988225108).
Para o sábado 26 ás 20.30 Agromadas invitou a Mónica Fernández Pintos a presentar a súa novela “Que los niños se vayan al campo”. A continuación haberá música grega en vivo interpretada por amigos e veciños.
O domingo 18 de decembro ás 6 da tarde terá lugar o tradicional Festival de Nadal, este ano a cargo do Coro Universitario do Campus de Ourense; colaborará o tenor Baldomero Pavón.
Ademais, comunícase que xa se poden adquirir participacións da Lotería de Nadal e o novo almanaque de Seixalbo.

Debate sobre a reforma da Constitución: PSOE e PP sen representación
Data: 18/10/2011
18-oct-2011

Momento inicial da presentación de Pérez Bouza no local da A. de Veciños.

Só o representante do BNG, o es senador Pérez Bouza, participou na mesa redonda convocada para hoxe día18. A organización, IRMANDIÑOS DE SEIXALBO, decidiu non suspender o acto ante porque o PP en principio aceptara participar; ata o último momento esperouse a que se presentaran representantes dos outros dous grupos invitados.
A pesares das ausencias, Pérez Bouza expuxo a postura do seu grupo, despois do cal, abriuse un animado debate entre os asistentes sobre as consecuencias posibles que entraña a reforma que vén de aprobarse no mes de agosto. Pérez Bouza respostou aos participantes sobre o tema  mesmo cando saíron a colación temas como a necesaria austeridade presupostaria referida a institucións coma o Senado, Deputación e soldos dos políticos, alongándose o debate máis dunha hora.
Non todos os días se pode contar en Seixalbo coa presencia, cercana, dun político da talla de Pérez Bouza, e os veciños souberon aproveitar a ocasión.

Intensa fumeirada
Data: 15/10/2011
15-oct-2011

Ourense visto desde Seixalbo a tarde do 15 de outubro

Seguen as altas temperaturas e hai meses que non cae nin unha pinga de auga. A vaga de lumes prosegue deixando detrás de si un panorama desolador.
A mañá do 15 de outubro Seixalbo amaneceu envolto nunha densa nube de fume e un insoportable cheiro que facía o aire irespirable. Non se recorda unha seca igual desde hai moitos anos, nin unhas temperaturas tan altas, e parece que a chuvia aínda se vai facer esperar.

Adxudicadas as obras para rematar o Centro Cívico
Data: 14/10/2011
14-oct-2011

Edificio do futuro Centro cívico

Na xunta de goberno do concello do xoves 13 de outubro foi adxudicada á empresa  Actividades, Construcciones y Voladuras  AC yV o remate do Centro cívico de Seixalbo por unha cantidade de 198.000 euros.  As obras terán que estar rematadas o 31 de decembro deste ano en curso.

O edificio terá 400 metros cadrados para uso dos veciños. Despois do sucedido coa anterior empresa coa que a obra comezou, Esperamos que que se cumpran os prazos e que a empresa adxudicataria responda para que non haxa máis demoras na posta en funcionamento do Centro.
Novos investimentos en Seixalbo
Data: 05/10/2011
5-oct-2011

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense vén de aprobar un investimento próximo aos 40.000 euros para arranxar o Recanto da Adega. Hai algúns meses quedou tamén aprobada a obra para urbanizar o Recanto do Eiró; con estas dúas obras darase por rematados os recantos todos do casco histórico de Seixalbo.

Barbaña: un pouco máis limpo
Data: 02/10/2011
2-oct-2011

Un ano máis un grupo de veciños e amigos coordinados pola plataforma “Ríos limpos” dedicaron a mañá do domingo a retirar o lixo do cauce case seco do río Barbaña.
Despois de reunirse o domingo ás 10 da mañá e baixo o lema: Móllate polos río” os veciños e amigos que viñeron para botar unha man dirixíronse ao Barbaña para efectuar unha nova campaña de limpeza. Nesta ocasión puideron percorrer case todo o cauce sen máis dificultades que a de non esborrexer nas laxes, pois o río baixa case sen auga debido á extraordinaria seca que arrastramos desde o mes de xuño.

Da actividade fíxose eco a prensa

Faro de Vigo

La Región

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net