Novas Xuño 2012
Todo preparado para unha nova edición da Festa dos foros
Data: 30/06/2012

O sábado día 7 de xullo, xa despois do xantar, o Cabildo dará acollida a unha nova edición da Festa dos Foros que organiza Agromadas e coa que colaboran as outras asociacións e á que se entregan cada ano os veciños.

Trátase de lembrar unha festa celebrada hai 153 anos polos seixalbeses para celebrar que despois de vinte anos de litixio a xustiza fallara ó seu favor, sendo un dos poucos casos en Galicia no que os veciños quedaron eximidos do pago das rendas forais sen ter que redimilas.

Agromadas en honor do veciño que liderou ós seixalbeses nesta loita, concede cada ano o premio Freire Carril co que trata de recoñecer a aquelas persoas que sobresaen polo seu tesón nas causas a favor da colectividade e da cultura, entragándose a ela de xeito desinteresado. Este ano o galardón recae na gran loitadora contra a lacra das drogas Carmen Avendaño, quen confirmou a súa presencia para recoller o premio.

Polo demais, e case cun presuposto cero, haberá música e pasarrúas percorrendo as adegas que os veciños abren para convidar a viño.

http://www.laregion.es/noticia/215854/seixalbo/celebra/festa/foros/cumple/
href=”http://www.laregion.es/noticia/213326/agromadas/premia/lucha/tenaz/carmen/avendano/”>



A Asociación Agromadas celebra o seu vixésimo quinto aniversario
Data: 22/06/2012

Socios, amigos, colaboradores, veciños… todos celebraron con Agromadas os cinco lustros de traballo.

A pesares de que a noite estaba fresca, a música e as imaxes encheron Penouzos: houbo lembranzas para os que xa non están, para os que presidiron a formación ó longo destes vintecinco anos, pero sobre todo para os dous directores que souberon colocar a Coral Agromadas nun lugar preponderante na música coral galega, Anselmo Iglesias e Xoan Manuel Iglesias. Vinte minutos de documental fixeron que a máis de un se lle soltasen as váguas; para facer a ledicia de todos os presentes, máis de trinta e cinco ex-coristas cantaron de novo unhas pezas compostas polo inesquecible Anselmo. Houbo tamén música coral de man dos Vellos Amigos, que souberon arrincar unha cantiga de todos os presentes.

Para rematar, e para escorrentar o corisco e a morriña houbo queimada e bica para todos.

http://www.laregion.es/noticia.php?id=214086


Na inauguración do acto: José Manuel Álvarez


Nova andaina
Data: 17/06/2012
Dende a Asociación de Veciños San Breixo de Seixalbo convidan a todos a participar na Andaina 2012 que percorrerá o s montes de Seixalbo o vindeiro domingo dia 17 de Xuño.

Sairase as 9:30 do Parque da Infesta (entrada de buses a Seixalbo) e percorreranse uns 12 kilómetros acercándonos a natureza que rodea Seixalbo.

A inscripción é de 3 € (pódese facer a misma mañá do domingo) e da dereito a lucir unha fermosa camiseta. Como todos os anos, parte do recaudado entregarase a Médicos Sin Fronteras.


O mal tempo desluciu o traballo de Corpus
Data: 10/06/2012

Corpus Christi. Centos de horas de traballo cortando, deseñando, limpando… Os veciños de Seixalbo demostran cada ano que o traballo en equipo funciona, e a competitividade, se é sana, dá bos resultados. 

Organizados en dous grupos, Cabildo e Praza Maior, esfórzanse por que cada ano o seu altar e a súa alfombra sexa un pouco mellor que a do ano anterior. 

Este domingo de Corpus a presenza de pequenas rachas de vento e mesmo algo de chuvia fixo que se tomaran medidas de seguridade para que os ramos nin as cortinaxes caeran. Aínda así, estas condicións adversas dificultaron enormemente un labor tan delicado.

Praza Maior, moi de mañá: os veciños traballan.

Na Praza do Cabildo oreoarando todo


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net