Novas Outubro 2013
Asemblea Xeral Anual da Asociación San Breixo
Data: 27/10/2013
A Asociación de Veciños San Breixo de Seixalbo convoca os socios para o SÁBADO 16 DE NOVEMBRO ás cinco da tarde para celebrar a asemble anual.
Entre os puntos a tratar na ORDE DO DÍA figura a convocatoria de eleccións á xunta directiva, ademais dos xa habituais da memoria anual e o estado de contas.


Festival en Penouzos: Eclipse
Data: 06/10/2013


Seixalbo en pleno actuando: unha divertida obra de teatro chea de danzas. Coordinou a actividade da Asociación San Breixo Marisol Delgado. Todo un éxito.

Herbens Consort preséntase en Seixalbo
Data: 05/10/2013
O grupo de música Herbens Consort presentábase en Ourense. 
O concerto, centrado na música barroca tivo lugar na Igrexa de San Breixo.

O grupo musical Herbens Consort nace en 2013 como resultado da ilusión de persoas vencelladas ao mundo da música que deciden organizar o festival "As notas do pemento" celebrado en Herbón. Dado o éxito do festival e coa intención de divulgar a música barroca deciden emprender unha nova andadura. O grupo está formado por Indra Sesti di Luca, soprano, Eliseu Mera, barítono; Felipe Rodríguez, frauta de pico; Diego Rojo, arquilaúde; Carlos García Amigo, viola de gamba e dirección musical.
<iframe width="560" height="315" src="//www.youtube.com/embed/TaYGe8RCplY?list=PLtoQUdsNMJlsIgpDBzQXwRjEhvY-XIfrT" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net