Novas Outubro 2014
Intoxicación por inxesta de setas
Data: 29/10/2014

Lamentablemente, Seixalbo ocupaba os titulares dos medios de comunicación: tres membros dunha familia intoxicados por consumir setas debátense entre a vida e a morte.
Abilio Vieira, a súa muller e o fillo máis novo, son as vítimas con nome e apelidos. Parece que o mércores recolleron setas, coma moitas outras veces, que cearon. Abilio horas máis tarde conseguiu berrar pedindo auxilio; foi Alfonso Carrera o que chamou ao 061: na cociña quedaban aínda restos de setas.
A triste anécdota foi que Pablo, o rapaz máis novo estaba grave no seu cuarto, do que ninguén se decatou. Foi atopado polo irmán maior á volta do traballo na panadería, xa pola mañá.
O estado dos tres é de extrema gravidade.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net