Novas Maio 2016
Próximas actividades
Data: 12/05/2016

Próximas actividades de Agromadas

Seixalbo a 28 de Abril de 2016

Estimados socios e amigos de Agromadas:

Poñémonos en contacto con vós para comunicarvos as actividades programadas para os  próximos meses e nas que espereramos e desexamos que participedes.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS :17 de maio

 19 h.  Inauguración da exposición “ EDUCA CON ARTE”. Nela participan alumnos/as dos CEIP deSeixalbo, e Virxe de Covadonga.

A continuación homenaxearemos a Manuel María, escritor ó que se lle adica este ano o Día das Letras.

 

ANDAINA Ó MOSTEIRO DE TRANDEIRAS: 22 de maio

Como noutras ocasións organizamos unha andaina que nos leve a sitios peculiares do noso contorno. Nesta ocasión será polos arredores do mosteiro de Trandeiras nas terras do Limia. Sairemos de Seixalbo, local de Agromadas, ás nove horas e desprazarémonos ata a zona nos nosos coches. Logo faremos o percorrido con guía. Xantaremos  e voltaremos para Seixalbo.

Podemos encargar o xantar. ( Avisar ós membros da directiva os interesados)

 

FESTA DOS FOROS 2016: 1 e 2 de xullo

Día 1, venres: representación teatral no auditorio de Penouzos.

Día 2, sábado: Entrega do premio Freire Carril, percorrido polas adegas do pobo e demais actos festivos na praza do Cabildo.

 

EXCURSIÓN  E XANTAR :10 de xullo

Non está determinado o lugar a visitar. Admítense suxerencias.

(Para ampliar información e  participar, poñerse en contacto cos membros da Directiva. )

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net