Novas Xaneiro 2013
Seixalbo xunto con Santa Mariña e Santa Cruz terá unha área industriai no novo PXOM
Data: 23/01/2013
Aínda que se mantñen en segredo o novo borrador do PXOM a prensa avanzaba onte que se van consolidar tres áreas industriais nos arrabaldos, unha delas en Seixalbo.
De todos os xeitos, pouco máis se sabe do borrador: estase a pedir unha total discreción desde o goberno municipal ós representantes e voceiros para evitar que se produzan manobras especulativas.
En Seixalbo temos que supor que a área industrial será localizada na zona próxima a Bemposta e ó Depósito de vehículos, pois xa hai moitos meses que os propietarios de algunhas desas parcelas tiveran comunicación oficial para unha futura expropiación cara a construción dos viais que daría acceso á nova zona.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net