Novas Xuño 2013
Carlos Varela, quinto premio Freire Carril
Data: 14/06/2013

Carlos Varela, 5º premio Freire Carril

O xurado constituído para fallar o V premio Freire Carril que outorga a Asociación Agromadas acordou concederllo ó Fiscal Superior de Galicia Carlos Varela.
 De entre as candidaturas presentadas, valorouse moi positivamente o labor que dende o seu posto de traballo ven levando a cabo o Fiscal Superior de Galicia a favor dos intereses públicos mellorando en xeral o benestar dos galegos, traballando a prol dos discapacitados e menores, loitando polo patrimonio histórico, a mediación familiar, na investigación sobre a orixe dos incendios forestais, así como o labor para anular os contratos das participacións preferentes. Foi recoñecido tamén o seu traballo a favor da normalización do galego en ámbitos xurídicos.
Carlos Varela é membro do Foro Peinador e de Amigos do Couto Mixto.  No ano 2001 recibiu o premio Lois Peña Novo.
En anos anteriores o premio recaeu en Maximino Cid Ferro, Pablo Rodríguez Oitabén, Xosé Lois "o Carrabouxo" e Carme Avendaño.
O premio será entregado o vindeiro 29 deste mes de xuño, coincidindo coa Festa dos Foros de Seixalbo.
http://www.laregion.es/noticia/256975/


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net