Novas Agosto 2013
XXVI Semana Cultural de Seixalbo
Data: 24/08/2013
Comeza hoxe, sábado 24 a vixésimo sexta semana cultural de Seixalbo organizaad pola Asociación de Veciños San Breixo. O acto inaugural terá lugar nas Canellas cunha exposición fotográfica "Lembranzas" e unha actución musical.
O domingo 25 inaugúrase no Centro Cívico a exposición da obra de Mari Paz Carro Senra ás 13 horas e para o serán está programada unha tarde lúdica no Carqueixal.
As actividades do luns 26 estarán centradas nunha charla coloquio sobre "As orixes do noso patrimonio"; será no Centro Cívico ás 21 horas.
Un concerto de piano a catro mans a cargo do dúo D2 composto por Mrta Blanco e Xoán Iglesias Losada terá lugar o martes 27 no Anfiteatro de Penouzos, ás 20.30 horas. Ás 11 da noite sairase do Local Central para facer unha andaina nocturna, un bo xeito de departir entre os veciños e amigos.
O mércores 28 proxectarase o eudiovisual "O AVE si, mais non así", traballo realizado pola plataforma Ríos Limpos sobre as desfeitas das obras do AVE na provincia de Ourense. Terá lugar no Cabildo ás 21.30.
Outro documental, esta vez sobre a importante obra de integración social "Entreparadas" será presentada por Maxi Cid no anfiteatro de Penouzos ás 21.30.
O venres día 30 terá lugar en Penouzos ás 22.30 o espectáculo musical "Baixo o Luar de Seixalbo" na que participarán numerosos veciños.
Coma sempre, a semana rematará coa xa tradicional Cea no Campo da Infesta.
http://www.laregion.es/noticia/263105/seixalbo/marcha/semana/cultural/

Os "muchachos" de Bemposta reencóntranse en Seixalbo
Data: 10/08/2013
Cada ano por estas datas reúnese un grupo importante de "señores" que noutrora foran "muchachos" da Cidade de Bemposta para reencontrarse e revivir vellos tempos. Este ano elixiron Seixalbo como punto de encontro. Chegaron de distintos puntos da xeografía galega coas súas familias e a súa vida feita aqueles que pasaron unha importante etapa da súa vida saboreando os praceres da autocracia cando os demais non faciamos máis que soñar cunha democracia que non chegaba.
Para comezar fixeron unha ofrenda floral no cemiterio de San Breixo no que posúe unha propiedade Bemposta e onde repousan os restos de persoas inesquecibles; o cura párroco Don Manuel, tamén participante activo no proxecto da cidade dos muchachos rezou un responso polos defuntos.
Logo houbo unha visita guiada polas rúas do lugar, visita á que puxeron un toque musical algúns veciños; visitaron despois o Centro Cívico e despois veu o xantar no Campo da Infesta.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net