Revista dixital 'A Solaina'
Ourensáns no esquecemento
M. Herminio Iglesias Vázquez
OURENSÁS NO ESQUECEMENTO Manuel Herminio Iglesias               “Non son todos os que están, nin están todos os que son”.......
[Ler máis]
Actividades programadas.
Escursión a Vila Real e Amarante (Portugal)
Data: 25/06/2017 00:00:00
Lugar: Seixalbo

Escursión a Vila Real e Amarante (Portugal)


Agromadas organiza a escursión cultural a Vila Real e Amarante, e que será o próximo dia 9 de xullo.

Andaina a zona de a Limia
Data: 25/05/2017 00:00:00
Lugar: Arredores de Xinzo
O dia catro de xuño, faremos unha andaina cultural por as terras de Xinzo, visitando varios lugares de interese, xuntando etnografía, historia, natureza, e pasaremos un día de lecer por a zona de a Limia.
Tal como explicamos no programa, visitaremos : "as areiras", na zona que foi a lagoa de antela, o Museo Etnográfico da Limia, en Vilar de Santos, a casa de Carlos Casares,visitaremos os "Pradairos de casca amarela" dos que fala Casares no seu derradeiro libro "O Sol de Verán", visitaremos o"Barrio de abaixo" en Xinzo, cerne e corazón do entroido limiao, e logo por a tarde visitaremos o monte "Da Uceira" onde se atopa a fermosa capela de "San Bieito da Uceira".
Temos que por de manifesto o agradecemento a asociación Amig@s das Árbores da Limia, por a súa colaboración e planificación de esta andaina cultural, e particularmente a Xosé Santos, gran amigo de Seixalbo e da natureza en xeral.
Día das Letras Galegas
Data: 17/05/2017 00:00:00
Lugar: Seixalbo
O día 17 de Maio, "día das letras galegas", os alumnos do CEIP de Seixalbo, xunto cos seus mestres, e coordinados por Mela González, celebramos no pobo e no local de Agromadas, a festa das letras galegas, que este ano estaba adicada a Carlos Casares, mestre, xornalista e escritor galego nado en Ourense e prematuramente morto cando se encontraba na súa etapa máis frutífera da súa labor literaria.
O pobo foi o escenario perfecto para que a rapazada do colexio do carqueixal, xunto cos seus pais e titores, festexara esa data con carteis colocados nas rúas e con unha pequena escenificación na casa de Agrmadas,
Teatro Obradoiro de Teatro do Concello de Castrelo de Miño
Data: 14/05/2017 00:00:00
Lugar: Seixalbo
O Obradoiro de teatro Municipal de teatro do Concello de Castrelo de Miño, representou a obra "Os pintores non teñen recordos", no auditorio de "Penouzos", e que foi seguida por un numeroso público, que aplaudiu a boa labor dos actores que a interpretaron.
Misa na honra do Rvdo.Sr.D.LUIS ALVAREZ TEJADA
Data: 13/05/2017 00:00:00
Lugar: SEIXALBO
O día Sábado, 13 de Maio ás 20 horas, celebrouse na igrexa de Seixalbo, unha misa na honra do Rvdo. Sr. D. LUIS ALVAREZ TEJADA , párraco que foi desta vila de Seixalbo, e que foi cantada por o grupo Cantigas de Seixo, a que asistiu cantidade de seixalbeses e mesmo moita xente de fora de Seixalbo.
Cantando en Castrelo de Miño
Data: 07/05/2017 00:00:00
Lugar: Castrelo de Miño
O grupo de canto Cantigas de Seixo, ofreceulle en Castrelo de Miño un concerto, os veciños no auditorio do propio concello, o que poideron asistir ata completar o aforo do mesmo. O trato recibido foi fenomenal.


Foros 2016
Data: 29/06/2016 20:00:00
Lugar: Seixalbo
Haga clic en Opciones

Haga clic en Opciones

XI FESTA DOS FOROS

SEIXALBO

1 e 2 de xullo de 2016

 

En 1859, a primeiros de xullo, os veciños de Seixalbo celebraron unha gran festa: Despois de vinte anos de preitos en Ourense, na Audiencia da Coruña e en Madrid, a xustiza viña de darlles a razón.

Durante todo este proceso, o Bispo de Ourense e o Cabido Catedralicio non foron quen de lexitimar a propiedade de terras e casas do Couto e Vila de Seixalbo, quedando abolidas as rendas forais que levaban cobrando dende tempos inmemoriais.

Os seixalbeses demostraron que, co esforzo, a unión e o tesón de todos, pódense acadar metas que, de antemán, parecen imposibles: Seixalbo pasou á historia pola loita veciñal, ao converterse no único lugar en Galiza en quedar exento de pagar o foro a quen, deica ese momento e dende os tempos da Alta Idade Media, se proclamaba dono e Señor. Moitos outros lugares tiveron que esperar aos derradeiros anos do franquismo para poder mercar a fin dese trasnoitado imposto.

A Asociación Cultural Agromadas ven animando á veciñanza, dende hai once anos, a rememorar este feito que marcou a nosa historia e que foi un fito na loita veciñal. E que mellor para a celebración que o viño, produto encol do que nace Seixalbo, e os pementos, ou “polos” que tanta sona lle deron ao lugar.

Os protagonistas indiscutibles desta festa son os veciños, que abren as súas adegas para convidar co seu viño a todos os que se achegan ao lugar; que se visten de época e decoran as rúas e balcóns; que participan activamente para que sexa a festa de todos. Sen o seu bo facer, a Festa dos Foros non sería posible.

Mais Agromadas quere tamén pór de relevo a figura de Freire Carril, quen liderou a seus veciños durante os vinte anos que durou a difícil loita. Con este fin, estableceu en 2009 o Premio Freire Carril, de convocatoria pública, que recoñece o traballo desinteresado polo común e a cultura.

 

 Dende entón recibiron este galardón:

Maximino Cid Ferro, 2009

Pablo Rodríguez “Oitabén”, 2010

Xosé Lois Gozález “Carrabouxo”, 2011

Carme Avendaño, 2012

Carlos Varela, 2013

Adolfo Zon, 2014

Amigos da Terra, 2015

José Antonio Rivera Pereira, 2016

 

 

PROGRAMA

VERNRES DÍA 1 DE XULLO, AUDITORIO DE PENOUZOS, 23 HORAS

Posta en escena da obra “Virán tempos mellores”.

Actuación dramática e musical a cargo dos veciños. A obra, coma cada ano, estará ambientada na época da loita veciñal contra o Bispo de Ourense.

Ao remate, queimada e bica.

 

 

SÁBADO DÍA 2 DE XULLO, CENTRO HISTÓRICO

Pola tarde ambientación, postos e xogos na Praza do Cabildo.

Ás 20.30 HORAS entrega do Premio Freire Carril no Local Central da A. de Veciños San Breixo a

JOSÉ ANTONIO RIVERA PEREIRA

ÁS 21 HORAS: Ruada polas adegas do lugar. Percorrido polos recantos de Seixalbo deica á Praza do Cabildo para seguir a festa coa música do Cuarteto de “Linho de Cuco”

Concerto de Aninovo
Data: 03/01/2016 19:00:00
Lugar: Igrexa Parroquial de San Breixo Seixalbo
Fotos da actividade

Concerto de Aninovo

Cantigas de seixo

Vellos Amigos

CANTIGAS DE SEIXO

Seguindo os pasos e a memoria de Coral Agromadas e outros grupos musicais que naceron en Seixalbo, un grupo de amigos decidiron xuntarse e cantar co ánimo de manter unha tradición e rendir unha homenaxe a todos os nosos veciños que formaron parte dos diversos grupos culturais desta vila. E despois de presentar o primeiro de outono unha misa na honra de san Breixo, queren seguir a cantar coa única pretensión de achegarse á todas as músicas, especialmente a aquelas que teñan raígame galega.
Programa:
 -Ábreme a porta Rosiña, Tradicional.
-Os teus ollos, José Castro Suaréz “Chané” Manuel Curros Enríquez.
-Iste cantar miniñeiro, Anónimo.

VELLOS AMIGOS DE MANUEL DE DIOS

Nace esta agrupación musical da man do finado poeta e músico Manuel de Dios no ano de 1990.Ten como obxectivo fundamental cultivar a música a amizade. Dende o seu inicio dedicouse a divulgar e poñer en valor a música popular e tradicional de raíz galega, facendo especial fincapé na que compuxo o seu fundador. Ten no seu haber cantidade de concertos así como a edición de dous Cds.

Diríxea: Juan Feijoo Soto.

Parrafeo e cantos de Nadal
Data: 26/12/2015 20:30:00
Lugar: Local Social de Agromadas: Seixalbo
Fotos da actividade

Parrafeo tradicional

A cargo de Xosé Carballido Presas

Cantigas Tradicionais de Nadal

Interpretan os veciños de Seixalbo

26 de Decembro ás 20:30

Local de Agromadas
Asemblea Xeral Anual
Data: 28/11/2015 20:00:00
Lugar: Local Social de Agromadas: Seixalbo
Convócase os socios e socias de Agromadas á Asemblea Xeral Anual que se celebrará no Local de Agromadas o 28 de novembro de 2015 ás 20 horas,coa seguinte

orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede da acta da anterior asemblea.
  • Actividades realizadas
  • Estado de contas
  • Proxectos para o vindeiro ano
  • Rogos e preguntas

Coma sempre, xogamos dou décimos de Lotería do Nadal.
25.392
Magosto 2015
Data: 08/11/2015 13:00:00
Lugar: Area recreativa de Penouzos, Seixalbo
Coma todos os anos Agromadas invita a todos os socios e, por suposto, a todos os que queira participar, a celebrar o xa tradicional magosto.
Se o tempo non axuda, comeremos dentro do local polo que se pide colaboración: mesas e cadeiras para cada grupo.
Prégase que se contacte antes con Nieves González, que estará no Local de Agromadas, coma sempre, en horario habitual; de non poder, con calquera da directiva.
Restauración da "Memoria lingüística"
Data: 01/11/2015 12:30:00
Lugar: Cemiterio da Parroquia San Breixo
Fotos da actividade
A Asociación de Vecinos San Breixo e a Asociación Agromadas de Seixalbo levamos anos defendendo a cultura a lingua propias da Galiza.
Seguindo nesta línea querémosvos convidar ao acto que se levará a cabo o Domingo día 1 de Novembro no cemiterio de Seixalbo ás 12:30 da mañá con  motivo da  Restauración da Memoria Lingüística.
Contaremos coa presenza de D.Celso Sánchez, da Asociación de Funcionarios pola Normalización da Lingua Galega. Dirán unhas palabras os presidentes das dúas Asociacións organizadoras e D. Manuel Vázquez, párroco de Seixalbo.
Tras a lectura dun poema de Rosalía de Castro e da interpretación da canción Libérame polo coro de homes de Seixalbo, procederase colocación dunha placa conmemorativa na entrada do cemiterio.
Exposición "Alixo de esperanza" de Esperanza González Doniz
Data: 20/10/2015 00:00:00
Lugar: Local Social de Agromadas: Seixalbo
Fotos da actividade
Continúa aberta ao público a exposición que comezou coa Semana Cultural da A. VV. San Breixo.
Trátese da orixinal obra de Esperanza Glez. Doniz na que a autora consegue, sobre todo con materiais de refugallo, transmitir unha luz de esperanza. Dadas as dimensións das obras, non so ocupan o local de Agromadas; ademais podemos admirar algunha obra máis na Asociación de Veciños.
Xornada de covivencia
Data: 10/10/2015 21:00:00
Lugar: Local Social de AGROMADAS
Agromadas quere celebrar unha xuntanza de convivencia con as persoas que se implican e traballan na festa dos foros, invitándoas a un viño e petiscos o día 10 de outubro as 21 h, no local da asociación, para compartir uns momentos de ledicia e confraternidade entre todos.
Invitarase individualmente as diferentes persoas que comparten con nos os traballos da organización e realización da Festa dos Foros
Viaxe cultural: "Galicia infinita"
Data: 05/07/2015 08:30:00
Lugar: Saída Seixalbo, Os Barreiros

08:30 h. Saída Seixalbo - Padrón

10:00 h Visita Casa Museo Rosalía de Castro

Nacoñecida como Casa da Matanza, Rosalía viviu os derradeiros anos da súa vida. Proponse un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía.

Na planta baixa, denominada “O perfil dunha sombra”, o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora.

Na primeira planta, denominada “O seu”, proponse unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga.

 

11:30 h Visita Feira de Padrón

Padrón é unha vila de 9.000 habitantes ás beiras do río Sar. Co paso do tempo, o domingo converteuse no día por excelencia do mercado. Así, a xornada dominical de Padrón estase transformando nun dos grandes mercados galegos realizados semanalmente. Nos máis de 600 postos dispostos nunha gran extensión, pódense atopar ricas hortalizas e froitas, saborosos pescados e mariscos, exquisitas carnes, plantas, roupa, complementos, unha ampla variedade de utensilios…

13:30 h Visita Torres do Oeste de Catoira

 Baixo un moderno viaduto que atravesa o río Ulla, atópanse as ruínas da antiga fortaleza: "Castellum Honesti". Foron levantadas no s. XII por orde do arcebispo Gelmírez, coa misión de pechar o paso ás expedicións escandinavas e sarracenas que se dirixían a Compostela. Durante o s. XVIII as murallas aínda se mantiñan en pé e serviron para defenderse dos ataques ingleses. Posteriormente caeron no abandono. Declaradas Monumento Nacional.

 14:30 h Xantar en Catoira

Un frugal refrixerio en Catoira, unha pequena vila pontevedresa de 3.500 habitantes.

 16:30 h Descanso

Opción Aire Libre: Paseo e chapuzón na Ría de Arousa, naspraias da Concha e Compostela, unidas nunha soa praia, que resultan seguras e, sobre todo, cómodas, amplas e limpas.

Opción Aire Urbano: Paseo e terrazas polas rúas de Vilagarcía,  pequena cidade costeira pontevedresa de 38.000 habitantes que pertence á comarca do Salnés.

Opción Colesterol: Tanto para quen escolla praia como cidade, pode rematar cunha fermosa andaina polo paseo marítimo xunto ó areal,  de máis de dous quilómetros de lonxitude, que une o centro da cidade coa tradicional e popular vila mariñeira de Carril.

18:30 h Descanso

 Sairá o autobús do porto de Carril, para recoller camiñantes. Fará unha parada no porto deportivo de Vilagarcía, onde recollerá ao resto da expedición, rumbo á Cambados.

19:00 h Visita Cambados

Cambados debe ser percorrido a pé para degustalo.

Con algo máis de 13.000 habitantes, ostenta o título de Muy Noble Villa.

Esa nobreza pode apreciarse no seu patrimonio monumental, como por exemplo nas ruínas de Santa Mariña, do século XVI, ou na praza de Fefiñáns, flanqueada polo pazo dos Figueroa e a Igrexa de San Bieito, do século XVI. Outros pazos de interese son os de Montesacro e Bazán, actual Parador Nacional, e tamén os pazos dos Condes de Maceda, construción medieval reformada no século XVII, e dos Chariño-Sotomayor.

20:00 h Regreso

 21:30 h Chegada a Seixalbo

Xª Festa dos Foros: 26 e 27 de xuño
Data: 27/06/2015 19:00:00
Lugar: Seixalbo

Exposición de pintura de Galeche: "Mi tiempo en color"
Data: 20/06/2015 20:30:00
Lugar: Local social de Agromadas, Rúa Barreiros
Exposición de pintura: Salomé Fernández Senra
Data: 17/05/2015 20:00:00
Lugar: Local Social Agromadas
Letras Galegas
Data: 17/05/2015 20:00:00
Lugar: Local Social Agromadas
Queda suspendida a presentación de heráldica por motivos alleos a Agromadas.
II CERTAME DE FOTOGRAFÍA DIXITAL PARA NENOS (2015)
Data: 17/05/2015 19:00:00
Lugar: Local de Agromadas: Rúa A. Arce, Seixalbo
Fotos da actividade

II CERTAME DE FOTOGRAFÍA DIXITAL PARA NENOS (2015)



Lema

Auga, onde vas?


Prazo de entrega: antes do 15 de MAIO


Dirixida a: NENOS/AS de 6 a 12 ANOS.


Está aberta a fotografías dixitais que teñan como tema de fondo ou relación evidente con SEIXALBO e a AUGA: FONTES, RÍOS E REGATOS, POZOS, LAGAS, SUMIDOIROS...(Unha ollada crítica de neno ao entorno e ao uso e importancia da auga nel: Auga, onde vas?).


Hai dúas modalidades en función do enfoque positivo (A) ou negativo (B):


Existen tres categorías en función das idades dos participantes:


1.- MINI: 6 e 7 anos.


2.- MEDIUM: 8, 9 e 10 anos.


3.- MAXI: 11 y 12 anos.


Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías dixitais en cada unha das dúas categorías A ou B, segundo o enfoque positivo ou negativo. Deben enviarse ao enderezo electrónico: agromadas@seixalbo.com expresando I CERTAME DE FOTOGRAFÍA DIXITAL PARA NENOS e a categoría na que participa: mini, medium ou maxi. Se o desexa con cada fotografía presentada pode adxuntar o título e a modalidade na que participa (A ou B). Búscase a orixinalidade da ollada máis que a calidade técnica!!


Os formatos aceptados son JPG, JPEG; GIF y PNG.


Ademais da vía correo electrónico, pódense presentar en CD ou DVD no buzón de Agromadas, Rúa A. Arce nº 25, 32970 SEIXALBO (Ourense) antes do 15 de maio.


O domingo 17 de maio pola tarde as fotografías serán expostas no local social de Agromadas e de entre elas elixiráse aquela que pareza máis significativa para ser o cartel do vindeiro certame.



Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo


Seixalbo, a 13 de abril de 2014.


O Presidente, M. H. Iglesias

Andaina polos arredores de Trandeiras
Data: 26/04/2015 09:00:00
Lugar: Saída dende o Campo da Infesta
Saída do Campo da Infesta ás 9 horas.
Levamos coches deica o inicio da andaina.
Os interesados poden contactar cos membros da directiva para optimizar vehículos.
Cada quen levará o seu xantar.
O percorrido será de tres horas, de baixa dificultade.
Boas Festas
Data: 23/12/2014 22:00:00
Lugar: Seixalbo
Durante este mes de decembro están ao cobro os recibos no Local Social de Agromadas.
Boas Festas a todos e todas.
Asemblea Xeral Ordinaria
Data: 29/11/2014 19:00:00
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
O sábado 29 de novembro celebrouse a Asemblea xeral ordinaria da Asociación Cultural Agromadas.
Logo de aprobar a acta da Asemblea anterior fíxose unha recapitulación das actividades realizadas no ano que remata: doce actividades culturais que foron valoradas positivamente; dentro deste apartado informouse das altas e baixas de socios, que actualizadas suman un total de 129 socios e socias.
Presentáronse as contas: o balance foi positivo, quedando saldadas as débedas contraídas en anos anteriores.
Pasouse logo a presentar as posibles actividades para o vindeiro ano, que serán as fixas e habituais, ademais de presentar algún novo proxecto que se tentará levar a cabo como o intercambio coa Asociación cultural de Carballiño "Pepa a Loba".
Na quenda de intervencións debatiuse de vagar dunha poisble reestruturación da Festa dos Foros, chegando á conclusión de que era mellor deixala como se vén facendo ata o de agora, pois, aínda que hai aspectos mellorables, pénsase que as solucións poisbles desvirtuaríana.
Lembrouse para rematar que a partires do martes 2 Nieves González abrirá o local en horario de mañá para que os socios pasen a aboar as cotas.
Magosto 2014
Data: 09/11/2014 12:00:00
Lugar: Aira de Penouzos
Foros 2014
Data: 05/07/2014 17:00:00
Lugar: Seixalbo
Baralláns teatro en Penozos
Data: 27/06/2014 21:30:00
Lugar: Auditorio de Penouzos
O grupo de Teatro do IES Blanco Amor porá en escena dúas obras: Praza do Bispado será a peza central, texto creado polo director de escena Miguel Alonso partindo de personaxes e pasaxes da obra de Blanco Amor.
O viño: Rías Baixas
Data: 07/06/2014 21:00:00
Lugar: Local Agromadas: A. Arce,25. Seixalbo, 32970
Continuando coas charlas sobre o viño e a súa cultura, Xosé Carballido Presas pronunciará unha conferencia/charla sobre o viño nas Rías Baixas. A continuación, como fixemos nas charlas anteriores sobre o tema, haberá unha cata de viños das Rías Baixas Galegas.
A actividade rematará cunha saída cultural ao Rosal na que teremos oportunidade de ver viñas e adegas desta denominación de orixe. A saída terá lugar o 15 de xuño. Os interesados deberán comunicalo aos membros da xunta directiva.
I Certame de fotografía dixital para nenos 2014
Data: 17/05/2014 20:00:00
Lugar: Local Agromadas: A. Arce,25. Seixalbo, 32970
Fotos da actividade

I CERTAME DE FOTOGRAFÍA DIXITAL PARA NENOS (2014)

  Lema: (Seixalbo): Quen vive eiquí?

  Prazo de entrega: antes do 15 de MAIO

  Dirixida a: NENOS/AS de 6 a 12 ANOS.

Está aberta a fotografías dixitais que teñan como tema de fondo ou relación evidente con SEIXALBO: lugar, arredores, parroquia, as súas paisaxes naturais e humanizadas e as súas xentes, á vida (UNHA OLLADA DE NENO AO ENTORNO: Quen vive eiquí?).

  Hai dúas modalidades en función do enfoque positivo ou negativo:

A.- QUEN VIVE EIQUÍ?   :)

B.- QUEN VIVE EIQUÍ!!!

 Existen tres categorías en función das idades dos participantes:

1.- MINI: 6 e 7 anos.

2.- MEDIUM: 8, 9 e 10 anos.

3.- MAXI: 11 y 12 anos.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías dixitais en cada unha das dúas categorías A ou B, segundo o enfoque positivo ou negativo. Deben enviarse ao enderezo electrónico: agromadas@seixalbo.com expresando I CERTAME DE FOTOGRAFÍA DIXITAL PARA NENOS e a categoría na que participa: mini, medium ou maxi. Enviarase NUN ARQUIVO o cuestionario cuberto, que será publicado na web da Asociación, xunto coas fotografías (un so cuestionario por participante). Se o desexa con cada fotografía presentada pode adxuntar o título e a modalidade na que participa (A ou B). Búscase a orixinalidade da ollada máis que a calidade técnica!!  

Os formatos aceptados son JPG, JPEG; GIF y PNG.

Ademais da vía correo electrónico, pódense presentar en CD ou DVD no buzón de Agromadas, Rúa A. Arce nº 25, 32970 SEIXALBO (Ourense) acompañadas dos datos e autorización descargados da web, antes do 15 de maio.

O sábado 17 de maio pola tarde as fotografías serán expostas no local social de Agromadas e de entre elas elixiráse aquela que pareza máis significativa para ser o cartel do vindeiro concurso.

Asociación Cultural Agromadas de SeixalboSeixalbo, a 7 de abril de 2014.     O Presidente, M. H. Iglesias.    


 

DECLARACIÓN RESPONSABLE

 

DON/DONA _________________________________________________________

 

pai/nai/titor legal do NENO/-A ___________________________________________


AUTORIZA este/-a a participar no

                                                                    

I CERTAME DE FOTAGRAFÍA DIXITAL para NENOS

convocado pola Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo,

E DECLARA

 

1. Que o neno/-a é o autor material da obra que envía, que é orixinal e non a plaxiou ou usurpou a terceiros.

 

2. Que as fotografías foron sacadas co consentimento de todas as personas que aparecen nelas, que esas persoas son maiores de idade.;

 

3. Que, no caso de enviar fotografías nas que aparezcan menores de idade, contan co consentimiento de ambos pais ou titores legais do menor.

 

 

 

Andaina e visita ao Conxunto arqueolóxico de Santa Mariña das Augas Santas
Data: 11/05/2014 08:30:00
Lugar: Saída do Campo da Infesta
Fotos da actividade
Patrimonio cultural, normas e sociedade polo profesor Fariña Busto
Data: 29/03/2014 20:30:00
Lugar: Sede da Asociación Cultural Agromadas, rúa A. Arce, Seixalbo
Exposición de pinturas de Leandro Sánchez, Comunicación ó pensamento.
Data: 15/03/2014 20:00:00
Lugar: Local Social de Agromadas, Seixalbo
Fotos da actividade
Inauguración da exposición o sábado 15 de Marzo.
Horarios de apertura: sábados de 19.30 a 21 horas. Domingos de 11.30 a 13.30 e de 19.30 a 21 horas.
Ata o 30 de marzo
1º Certame de fotografía dixital para nenos: QUEN VIVE EIQUÍ?
Data: 07/03/2014 00:00:00
Lugar: SEIXALBO
Parrafeo e cantos de Nadal
Data: 28/12/2013 20:30:00
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Fotos da actividade
Asemblea anual e cobro de recibos
Data: 14/12/2013 20:30:00
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Os socios de Agromadas están convocados á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o sábado día 14 do mes de Nadal no Local Social da Rúa dos Barreiros.
Coma todos os anos a convocatoria recolle a lectura e aprobación da acta da última Asemblea Xeral, a valoración de actividades así como o proxecto das vindeiras actividades a celbrar e a xestión de contas, que este ano dan un saldo negativo de máis de mil euros.
Anunciarase tamén o cobro de recibos que a partires desa data se poderán facer efectivos.
500 moios de viño: Outono fotográfico
Data: 16/11/2013 20:30:00
Lugar: Local Social de Agromadas, Rúa A. Arce
Fotos da actividade
Sábado 16/11/2013  ás 20,30h:
Proxección do audiovisual "500 moios de viño"

Exposición Fotográfica “500 moios de viño”
  • Domingo 17 de nov de 11,00 a 13, 30  e de 19, 00 a 21 00.
  • Sábado   23 de nov de 19,00 a 21 00.
  • Domingo 24 de nov de 11,00 a 13, 30  e de 19, 00 a 21 00.
Magosto
Data: 03/11/2013 13:00:00
Lugar: Aira de Penouzos
Fotos da actividade
Todos os socios e amigos que queiran participar no magosto organizado por Agromadas xa poden retirar as invitación na libraría "A Solaina", ou falar con alguén da directiva.
Concerto do Grupo Herbens Consort
Data: 05/10/2013 21:00:00
Lugar: Igrexa de San Breixo, Seixalbo
Fotos da actividade
Ribeira Sacra: día de convivencia
Data: 07/07/2013 10:00:00
Lugar: Saída dos Barreiros
Festa dos foros
Data: 29/06/2013 17:00:00
Lugar: Seixalbo
Fotos da actividade
O viño en Galicia: charla e cata
Data: 27/04/2013 21:00:00
Lugar: Local Social de Agromadas, Seixalbo
Carballido Presas dará unha nova charla sobre o viño en Galicia, esta vez centrándose xa nas características dos caldos e non tanto na historia do cultivo do viño coma na anterior. Ó rematar haberá unha cata.
Coma sempre, no local de Agromadas. A entrada é libre.
Ciclo de charlas sobre o viño
Data: 09/03/2013 20:00:00
Lugar: Local Social de Agromadas, Rúa A. Arce
Fotos da actividade
ELOQVENTIA, ensemble de música medieval: o Pórtico do Paraíso en Seixalbo
Data: 18/02/2013 20:30:00
Lugar: Igrexa de San Breixo
Á venda os últimos calendarios de Agromadas
Data: 01/01/2013 01:00:00
Lugar: Libraría "A Solaina", Praza Maior, Seixalbo
Unha fermosa vista da Santa Ádega para colocar onde se poida ver.
Feliz ano.
Parrafeo tradicional de fin de Ano e Cantigas de Nadal
Data: 29/12/2012 21:00:00
Lugar: Local Social de Agromadas
Fotos da actividade
Labras heráldicas: Xosé Ricardo Rodríguez Pérez
Data: 15/12/2012 20:00:00
Lugar: Local Social de Agromadas, Rúa A. Arce
Agromadas invita a todos os interesados a participar na conferencia que Xosé Ricardo Rodíguez Pérez pronunciará o vindeiro día 15 sobre os escudos de Seixalbo, un tema polo que reiteradas veces os veciños teñen mostrado interese e que está na liña de traballo desta Asociciación.
Á venda calendario
Data: 11/12/2012 12:00:00
Lugar: Libraría "A Solaina", Praza Maior, Seixalbo
COTAS DE SOCIOS
Data: 13/11/2012 12:00:00
Lugar: Libraría "A Solaina", Praza Maior, Seixalbo
Están ó cobro as cotas de socios na Solaina. Son 10 euros.
Charla coloquio co Profesor Carratalá
Data: 11/11/2012 18:30:00
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Supervivente non so do penal do "Fuerte San Cristóbal" sinón tamén dos de Burgos, Illa de San Simón, Astorga y Cárcel Modelo de Barcelona, como ben relata el na súa publicación “Memorias de un piojo republicano” (Editorial Pamiela 2007).
Magosto e Asemblea Xeral ordinaria
Data: 04/11/2012 13:00:00
Lugar: Aira de Penouzos, Seixalbo
Visita Cultural a Castrelo de Miño
Data: 29/07/2012 10:30:00
Lugar: Saída dos Barreiros, Seixalbo
Fotos da actividade

Domingo 29 de xullo (“feira”)

Visita ó interior de Sta. María

Paseo pola feira tradicional

Xantar tradicional na feira.

(Cada un pode mercar polbo, carne á grella, ó caldeiro ou levar a comida da casa. Hai unha área recreativa a carón do río e da feira. Hai río, piscinas, mesas e bancos)

Paseo en catamarán polo Miño.

Visita á Adega Pousadoiro.

Recibiranos e fará de guía nas visitas Don Alfredo Rodríguez.

Vintecinco anos de actividades
Data: 22/05/2012 21:00:00
Lugar: Penouzos, Seixalbo
Fotos da actividade

No que levamos de ano Agromadas vén celebrando o seu traballo ao longo de 25 anos con distintos actos. O día 22 celebrará en Penouzos o acto central: lembrará as etapas pasadas e as persoas que foron membros e que co seu traballo fixeron posible o presente e o futuro desta Asociación Cultural, e que mellor maneira que facelo coa música que interpretaron. Colabrora e participa tamén a coral “Vellos amigos”.

Será en Penouzos o día 22  ás 10.30 da noite. Todo o mundo está convidado a participar.

http://www.laregion.es/noticia.php?id=214086

Viaxe á Cidade da Cultura no tren de alta velocidade
Data: 15/05/2012 09:00:00
Lugar: Santiago de Compostela
Fotos da actividade

A Asociación Agromadas organiza unha visita cultural á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela tanto para socios coma non socios para o vindeiro 15 de maio.

O prezo, 35 euros, incúe a viaxe no tren de Alta Velocidade e a visita guiada á Cidade da Cultura, así coma o xantar.

Cómpre apuntarse na Libraría Solaina antes do sábado 5 de maio.

Acto de homenaxe aos Sres. Armenteros
Data: 31/03/2012 21:30:00
Lugar: Local social de Agromadas, Seixalbo
Todos os socios, amigos e veciños de Seixalbo están convidados á pequena homenaxe que se vai levar a cabo para agradecer a César Norberto e Señora en representación dos demais herdeiros de César Iglesias, grazas ós  cales Agromadas ten local social.
Mª Elena Glez. Iglesias: Coidadores e sandores no Seixalbo da posguerra
Data: 31/03/2012 08:30:00
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Obradoiro/charla de Corona Paz
Data: 25/02/2012 20:45:00
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo

A continuación da presentación de Moisés Quintas, un pouco de música: Corona Paz, un referente da música tradicional viva, compartirá dun xeito práctico co público o seu coñecemento sobre cantigas populares do noso folclore.

Presentación da obra de Moisés Quintas sobre instrumentos tradicionais
Data: 25/02/2012 20:00:00
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo

O músico e estudoso do folclore Moisés Quintas presenta en Seixalbo a súa recente obra: Guía didáctica de instrumentos galegos, unha contribución imprescindible á conservación do noso patrimonio, que vén de publicar a editorial Ouvirmos. En palabras do mestre artesán Antón Corral, quen asina o prólogo do libro, esta obra supón "un legado de coñecementos históricos e actuais, a piques de desaparecer sobre os instrumentos populares e tradicionais galegos. Unha base para que os rapaces e rapazas sintan curiosidade polo pasado, presente, e sexan así mesmo, posibles continuadores e enriquecedores de futuro".

Exposición sobre o Entroido
Data: 12/02/2012 12:30:00
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Fotos da actividade

Dende o domingo 12 ata o 22 de febreiro. 

Unha homenaxe de Agromadas á nosa festa grande, o Entroido:

Traxes, fotografías, coplas… e moi especialmente á Comparsa da Aguillada quen dende principios dos anos 90 poñen todo o seu empeño en confeccionar os seus traxes e coplas dando continuidade á tradición popular. Colaboran nesta exposición ademais das Comparsas de Seixalbo o Centro Xaquín Lorenzo.


Festival de Nadal
Data: 18/12/2011 18:00:00
Lugar: Igrexa Parroquial de Seixalbo

Concerto do Coro Universitario do Campus de Ourense e o tenor Baldomero Pavón

http://youtu.be/_bzkekE-GWI

Presentación da obra de Mónica Fernándeez: Que los niños se vayan al campo
Data: 26/11/2011 20:30:00
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo
Música grega en vivo
Data: 26/11/2011 20:00:00
Lugar: Local social de Agromadas, Seixalbo
Presentación do libro de Mónica Fernández Pintos:Que los niños se vayan al campo.Logo música de Grecia en vivo:colaboran un importante número de persoas para recrear o ambiente grego: guitarra (Manuel Herminio e Beppe, mandolina (Isidoro Borrajo), buzuki (Miguel Bande), armónica… e os intérpretes: Sula Repani, Marisa Nóvoa, Andrés Glez. Seara, Chus Pazo, Raquel Zon, Luís Borrajo, Chus Pazo, Amelia e Emilio González…
Ó cobro as aportacións anuais
Data: 13/11/2011 10:00:00
Lugar: Libraría "A Solaina", Praza Maior, Seixalbo
Xa están ó cobro os recibos para todos aqueles que colaboran con Agromadas na Librería Solaina. Son 10 euros.
Presentación da obra de Miguel Karballo: Socioeconomía humanizada
Data: 29/10/2011 20:30:00
Lugar: Local de Agromadas, Seixalbo


Miguel Karballo, polifacético pintor e escritor ourensano presentaranos a súa novidosa proposta: Socioeconomía humanizada, que vén de ser publicada.

“… Novos e mellores modelos organizativos son necesarios e posibles...”

Daniel Iglesias Losada e Leonarno en Concerto
Data: 29/10/2011 20:00:00
Lugar: Local social de Agromadas, Seixalbo
Despois da presentación da obra de Miguel Karballo Daniel Iglesias Losada, guitarra e Leonardo Blanco, violín interpreterán unhas pezas. Coma sempre, e como remate, algo de dóces e licores.



Viaxe Cultural pola Comarca do Ribeiro
Data: 16/07/2011 10:00:00
Lugar: Seixalbo

VI Festa dos Foros
Data: 02/07/2011 17:00:00
Lugar: Seixalbo

Inauguración do Local Social de Agromadas
Data: 04/05/2011 18:00:00
Lugar: Seixalbo
Fotos da actividade
Co esforzo de todos a Asociación Agromadas levou a cabo a rehabilitación da casa natal de César Iglesias, doada polos seus netos da República Dominicana.
A inauguración foron invitados autoridades do Concello así como representantes das Asociacións Cívico-culturais de Ourense.
A Secretaria e o Presidente tiveron palabras de agradecemento a todos os que fixeran posible este proxecto, lembrando tamén a moitos dos coristas da Asociación que co seu traballo e esforzo contribuíron á realización desta empresa, algúns xa falecidos.
O Local abriuse cunha exposición dos pintores de Seixalbo Ana Belén Novoa e Guillermo Carro.
Solo voces
Data: 27/03/2011 18:00:00
Lugar: Igrexa de Seixalbo

Actos de Nadal 2010
Data: 26/12/2010 18:00:00
Lugar: Local central da Asociación de Veciños
Visita ao Campamento romano de Aquae Querquennae
Data: 11/07/2010 10:00:00
Lugar: Porto Quintela (Bande) e Muíños
Fotos da actividade
Agromadas organiza unha visita cultural ao Campamento romano de Aquae Querquennae Porto Quintela (Bande) e un xantar en Muíños.

Prezo: 20 euros (25 non socios). Autocar incluído. Menú:
  • Petiscos e empanadas
  • polbo á feira
  • cordeiro con ensalada
  • xeado
  • bebidas/chupitos
(Consultar prezos nenos)

Prazas limitadas!!!!Apuntarse na Solaina antes do 4 de xullo
Conferencia: GALICIA, UNHA TERRA DE FOROS
Data: 06/06/2010 20:00:00
Lugar: Local de Penouzos
Fotos da actividade
Conferencia: GALICIA, UNHA TERRA DE FOROS

a cargo de:

RAMÓN VILLARES


Presidente do Consello da Cultura Galega
Catedrático de Historia Contemporánea

(Universidade de Santiago de Compostela)
V Festa dos foros
Data: 03/06/2010 10:00:00
Lugar: Seixalbo
Actividades:
  • Despois de xantar:
  • Artesanía, petiscos, xogos, música, viños
  • 21:30 horas:
  • Procesión festiva polas rúas
  • 22:30 horas:
  • Entrega II Premio Freire Carril
    Teatro musicado na Praza do Cabildo
  • 24::00 horas:
  • "Os Guezos" en concerto na Praza Maior
AGROMADAS RECIBE UNHA CASA EN DOACIÓN
Data: 01/03/2010 10:00:00
Lugar: Seixalbo
Fotos da actividade
Ver reportaxes no album de fotos.

Ver en tamaño grande.
Representación teatral de Nadal
Data: 06/01/2010 18:30:00
Lugar: Penouzos
Fotos da actividade
18:30H: Representación teatral "Cartas ós Reis Magos"
Concerto de Nadal
Data: 20/12/2009 18:30:00
Lugar: Igrexa de San Breixo (Seixalbo)
Fotos da actividade
18:30H: Coro de voces brancas do Orfeón Unión Ourensana-Fundación Caixa Galicia
Calendario de Agromadas para o ano 2010
Data: 01/12/2009 10:00:00
Lugar: Librería
Calendario de Agromadas para o ano 2010. A disposición na Librería "Solaina". Os socios poderán recollelo gratis xunto ó co recibo da cuota de socio e unha participación da lotería de Nadal.
Magosto. Domingo 8 de Novembro
Data: 08/11/2009 12:30:00
Lugar: Penouzos
Fotos da actividade
12:30H: ASAMBLEA XERAL
13:30H: MAGOSTO
Visita cultural a Oseira e comida do Socio. Domingo 5 de Xullo.
Data: 05/07/2009 10:00:00
Lugar: Oseira
Fotos da actividade
Visita cultural a Oseira e comida do Socio.
Festa dos Foros. Sabado 4 de Xullo.
Data: 04/07/2009 10:00:00
Lugar: Seixalbo
Fotos da actividade
Festa en honra á Eximición dos Foros en Seixalbo
Celebración do Día das Letras Galegas
Data: 16/05/2009 20:30:00
Lugar: Penouzos
Fotos da actividade
20:30H: ACTO LITERARIO MUSICAL
Presentación do libro: Seixalbo, anacos do pasado
Data: 28/02/2008 20:00:00
Lugar: Local da Asociación de Veciños San Breixo
Fotos da actividade
A noite dos carrilanos
Data: 15/09/2005 21:00:00
Lugar: Saída desde Seixalbo ata a Estación de San Francisco
Carrilanos
Data: 23/04/2005 18:00:00
Lugar: Penouzos
A historia da construción do ferrocarril é a historia das xentes que nel traballaron. Seixalbo está especialmente ligado a esta obra e os protagonistas serán eles, para eles será a nosa homenaxe.
O Grupo vogal Foula cerrará o acto.
Fariña: As froitas que curan
Data: 09/04/2005 19:00:00
Lugar: Local de Foula
Charla de Javier Fariña sobre as propiedades beneficiosas das froitas.
A continuación un pequeno recital por manuel Herminio Iglesias, Cus Pazo e Nila Caballero
Visita guiada a San Cibrán de Las
Data: 13/03/2005 15:30:00
Lugar: Saída dende os Barreiros
Andainas polos arredores
Data: 06/03/2005 21:00:00
Lugar: Ponte do Río
Todos os martes e xoves andaina polos arredores, e os domingos 6 de marzo, 3 de abril e 17 de abril pola tarde, ás cinco un percorrido algo máis largo: Noalla, Veiga, Cumial...
Consuelo Benito:O Alzeimer e a demencia senil
Data: 15/11/2004 20:00:00
Lugar: Local da Asociación de Veciños San Breixo
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net