Novas Maio 2013
Nova andaina
Data: 26/05/2013
A Asociación San Breixo organiza a sexta andaina popular polo lugar, que terá lugar o domingo 26 de maio. Sairase, como vén sendo habitual do Parque da Infesta ás 9.30 da mañá.
A inscrición custa 3 euros.

Inauguración do Centro Cívico
Data: 23/05/2013

Hoxe, por fin, inaugurouse o Centro Cívio de Seixalbo, despois da reestructuración da casa de Don Abelardo Arce. O acto, presidido polo alcalde de Ourense, congregou a un gran número de asistentes que visitaron as instalación: una ludoteca, una sala de xogos de mesa, salas multiusos, sala de informática, etc.

Despois dos problemas coa execución das obras o edificio presenta un aspecto totalmente moderno e cheo de luz. Varias fotografías da familia Arce e outras da vida cotiá das xentes de Seixalbo decoran os muros.

Esperamos que despois da inauguración o Centro Cívico non tarde en abrir definitivamente as súas portas.

<iframe width="560" height="315" src="//www.youtube.com/embed/3lRkXg9ZfqY" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Así se recollía a información hai xa cinco anos:

Letras Galegas nas Canellas
Data: 15/05/2013


Este ano a asociación xuvenil "As Canellas" é a encargada de conmemorar as Letras Galegas, dedicadas este ano a rememorar a figura do dramaturgo e actor Roberto Vidal Bolaño.
Numerosas actividades se dan cita nos arredores das Canellas: comezará un mercadiño ou feira popular ása once da mañá. Á unha entregarase o premio que convocara esta asociación de relato curto sobre a Santa Compaña; a continuación dramatizaranse uns textos de Vidal Bolaño.
Continuarán as actividades coa celebración de xogos populares conducidos por Irene Glez. Seara. Ás oito da tarde terá lugar a actuación do cantautor Emilio Rúa acompañado de Xosé Gayoso. Actuarán logo as mozas de Xestreu que porán o broche a festa.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net