Novas Decembro 2011
O Coro Universitario do Campus de Ourense e Baldomero Pavón cerran un trimestre de actividades en Seixalbo
Data: 21/12/2011
21-dic-2011

A Igrexa de San Breixo nun momento do Concerto. Foto: La voz de Galicia.


O tenor Baldomero Pavón e o Coro Universitario do Campus de Ourense cerraron cun concerto celebrado o domingo 18 un trimestre cheo de música e actividades culturais organizadas pola Asocición Cultural Agromadas.
A Igrexa de San Breixo encheuse de público para presenciar a actuación musical. O luns 12 foi a Coral Capela Madrigalista a que convocou a numerosas persoas que acudiron, a pesares do intenso frío.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/12/09/868217.shtml

http://www.youtube.com/watch?v=_bzkekE-GWI

http://youtu.be/_bzkekE-GWI

Concerto da Capela Madrigalista
Data: 01/12/2011
Información sobre a ampliación de prazos para as ITEs, Inspeccións técnicas para casas e reforma do PERI
Data: 01/12/2011

O pasado día 23 de novembro o arquitecto encargado do PERI de Seixalbo, José Antonio Padrón, mantivo de novo unha xuntanza cos veciños na que informou da ampliación do prazo para realizar as ITEs das casas. Houbo unha prórroga de presentación  para as edificacións anteriores a 1910: amplíase ata o 31-12-2012.
Asemade recalcou que a responsabilidade da presentación das ITEs é dos propietarios polo que é moi importante ter coidado á hora de contratar os servizos dos técnicos que as realicen.
Nesta reunión informou tamén de que se están a redectar modificacións do PERI de Seixalbo para incluílas despois no novo PXOUM:
Incluír usos distintos ós de vivienda habitual nas edificacións, o que permitirá o acceso a subvencións para a apertura de establecementos de negocios animando a solicitar as subvencións para este tipo de rehabilitación.
Adaptación das fichas dos edificios ás necesidades da cidadanía: portas para garaxes máis amplas, maior altura do teito dos pisos, etc

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net