Novas Febreiro 2014
A rodaxe da Esmorga en Seixalbo
Data: 17/02/2014
O equipo de rodaxe da Esmorga con Ignacio Vilar á fronte desembarcou ao amencer en Seixalbo sorprendendo aos veciños e causando algúns pequenos contratempos á hora de porse en marcha para ir aos traballos.
A rodaxe, como é lóxico convoca a curiosos alá onde se leva a cabo, e como non, tamén en Seixalbo, aínda que algúns veciños pensan que debía haber unha mellor planificación por parte da policía para evitar quedar atorado a horas punta, como sucedeu esta mañá no Río da Presa.

A.VV. San Breixo: Reunión urxente para as alegacións ao PXOM
Data: 15/02/2014
A nova directiva da Asociación de Veciños San Breixo convoca a todos os socios a unha reunión urxente para hoxe sábado día 15 ás 19.30. O tema da reunión será a análise pormenorizada do PXOM no que atinxe a Seixalbo e a aprobación de alegacións conxuntas. De antemán preocupa o escaso terreo edificable restrinxido por diversas razóns: equipamentos, forestal, protección de cauces...
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net