Novas Decembro 2013
As Canellas: gala benéfica contra o cancro
Data: 18/12/2013
A Asociación xuvenil As Canellas de Seixalbo vén de tomar a iniciativa dun proxecto valente e digno de todos os parabéns, tal e como recollen os medios de comunicación: organizar unha gala benéfica contra o cancro.
Conseguir todos os apoios necesarios para este acto non debeu ser doado; atopar xente nova altruísta capaz de meterse en proxectos deste calado, tampouco. Non queda máis que eflicitalos e desexarlle todo o éxito do mundo.

Cartaz da gala contra o cancro


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net