Novas Maio 2011
O Concello publica un roteiro de Seixalbo
Data: 12/05/2011

O Concello de Ourense, en concreto, Turismo, responde a unha vella petición das asociacións de Seixalbo: editar un pequeno folleto turístico sobre Seixalbo.

O roteiro en forma de despregable está xa no prelo. Constará dunha ruta polo casco urbano de Seixalbo no que se salientan os recunchos máis fermosos e entrañables, e un sendeiro pola zona verde. A Asociación Cultural Agromadas colaborou activamente na súa elaboración, tanto cos textos como coas fotografías.

Con esta publicación calquera que se achegue a Seixalbo poderá descubrir parte da súa historia percorrendo rúas e camiños.

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=l2pw78Tfa2g

http://www.ourensedixital.com/_novas/11/05/26_03.htm


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net