Novas Marzo 2013
Gran participación nas Festas de Entroido
Data: 14/03/2013
A pesares da crise e do mal tempo as festas de Entroido non decaeron tampouco este ano. Comezou o ciclo co Correolas e a procesión de Paquita e Nicanor. Houbo orquestra o domingo de Entroido e a xa tradicional comida que este ano foi trasladada á Ponte do Río xa que na Praza resulta pouco menos que imposible instalar unha carpa.
O espectáculo e animación non faltou, esta vez foi o Programa 1,2,3 o que soubo arrincar as gargalladas dos veciños e amigos.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net