A asociación San Breixo de Seixalbo

No ano de 1979 un grupo de veciños de Seixalbo, vendo que existen grandes problemas e carencias de servicios básicos neste barrio do concello de Ourense, decide fundar unha Asociación que actúe activamente para mellorar a calidade de vida dos habitantes deste lugar. Os alcaldes de barrio vinculados ó franquismo non eran representativos e non daban resposta as demandas do vecindario que reclamaba un cambio e quería que se escoitara a súa voz no Concello Ourense.

Deste xeito nace a Asociación de Veciños San Breixo, queestará practicamente inactiva ata decembro de 1985. Nesta data empeza a camiñar reivindicando unha serie de melloras que se fan públicas nunha Táboa Reivindicativa.

A partires desa data San Breixo traballa para que se supriman ós Alcaldes de Barrio e se recoñeza ás Asociacións veciñais como entidades representativas dos veciños. Este recoñecemento virá da man do Alcalde de Ourense D. Manuel Veiga Pombo, feito que permitirá que se empecen a arranxar os problemas e se fagan en Seixalbo importantes inversións afrontando eficazmente os problemas da nosa comunidade. 

Desta maneira mellorase na iluminación pública; paviméntanse pistas e accesos a Seixalbo e a Zaín; renóvase toda a rede de sumidoiros, traída de auga e cámbiase o enlousado do pobo. Igualmente faise a sede social da Asociación. Afróntanse os plans de renovación eléctrica Perga e Mega. Anchéase a rúa Seixalbo dotándoa de beirarrúas, sumidoiros e traídade auga. Recuperanse ós comunais do Carqueixal, Chao da Moa, campo de futbol do Carqueixal e as instalacións deportivas e o parque da Infesta.Dótase a Seixalbo dunha área pública na Infesta. O servicio de autobuses chega ó Cumial e un longo etc.

Nas fotografrías, podemos ver distintos momentos da vida da Asociación de Veciños. Arriba, unha das asembleas xerais que se celebran ó longo do ano. Nela, podemos ver a grande afluencia de veciños, reflexo do compromiso do pobo coas súas inquedanzas. Debaixo, unha das directivas que estivo ó fronte da mesma durante varios anos.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net