Quere mellorar


Poucas melloras logra Seixalbo coa anexión ó Concello de Ourense; se acaso salientar a reparación da Fonte do Río,

As canellas arranxadas

actualmente Fonte de Abaixo, que abastecía de auga ó núcleo. As principais demandas do vencindario, como a mellora das comunicacións con San Cibrao, nunca foron atendidas.

No novo panorama político non se recoñecen as propiedades mancomunitarias de tanta raigame nas nosas terras, quedando transferidas ós Concellos que optan, en moitos casos, por vendelas. Así, o Concello de Ourense pon en venda o comunal do Cumial, e coa oposición dos seixalbeses a casa da Taberna co seu cobertizo onde se reunían en concello os veciños, o cárcere co piso adicado a almacén de medidas para uso veciñal; finalmente, as protestas frearon a venda do comunal do Carqueixal.

Aínda así, e gracias as aportacións particulares, as melloras foron chegando. Deste xeito os fregreses reparan a igrexa no1901, case en ruínas dende o 1866, e no 1918 mercan o reloxio pola cantidade de 2.047 pesetas e a campá por 1.200. As melloras nos servicios do pobo conlevan sempre xornadas de traballo comunitario ou "peonadas" o que indican a teima dos habitantes acadar mellor calidade de vida. Tamén hai particulares que aportan xenerosas doazóns.

No 1929, coa axuda económica de Abelardo Arce e a cesión voluntaria dos terreos, ensanchouse e arranxouse un vello camiño para comunicar o núcleo coa nova estrada de Madrid, pois a Verea Real, principal vía de comunicación coa cidade, levaba tempo intransitable tanto para viandantes como para vehículos de tiro. Pasa a chamarse entón Avda. de Abelardo Arce, en lembranza do benefactor, e convírtese no principal acceso a Seixalbo. Este logro, xunto coa chegada do suministro eléctrico en 1931, trinta e sete anos despois de que Ourense tivera este servizo, e a realización máis tarde da primeira rede de sumidoiros e pavimentación nas principais rúas marcan unha nova etapa na mellora deste lugar periférico do Concello.

Agora coa luz eléctrica,
e o ramal da carretera,
cas rúas ben arranxadas
xa nos pode ver calquera.

Núcleo Rural de valor Históríco-Etnográfico

A Rúa do Sol dende a Praza do Cabildo


Seixalbo coserva un núcleo urbano ben definido polo trazado das súas rúas e prazas. A tipoloxía das edificacións, os
 materiais, as fachadas e outros elementos arquitectónicos, como canzorros, columnas de pedra, corredores, portas varandas de madeira ou ferro forxado fan del un lugar de singular valor. Contribúe á beleza do conxunto a igrexa, varias veces reedificada pero que soubo conservar algúns elementos antigos; os cruceiros praterescos, como o que preside agora a Praza Maior, no canto do rollo ou elemento de tortura. Se facemos caso á lenda de tradición oral, foi trasladado á ubicación actual pola presión dos veciños e no seu basamento ficaron gardados uns versos en memoria do sucedido:

A favor de todos
e en contra de tres,
o Cruceiro na praza
e o Rollo, onde o ves.

Os tres ós que se refería a copla parece que eran xuíz, escribano e procurador, nomeados polo Cabido. O rollo ou picota foi levado ó cruce da Vera coa Mouricia.
Todo isto, nun aceptable estado de conservación levan ó Concello de Ourense, no Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1986 a clasificalo como Núcleo Rural de interese histórico-etnográfico. O texto do devandito plan di, entre outras cousas: " Os sectores antigos, (sectores Suroeste e Noroeste) do núcleo do pobo de Seixalbo quedan suxeitos á normativa especial de proteccion dos seus valores arquitectónicos, nos que destaca o tipismo e valor rural tradicional. Estos sectores forman un dos mellores conxuntos rurais do Concello Ourensán, exemplo de planificación urbana antiga con interese histórico-etnográfico que se debe conservar e protexer..."

Praza da Laxas




Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net