Igrexa de San Breixo e a ermida de Santa Ádega

A Igrexa de Seixalbo, adicada a San Breixo. A fachada actual, de 1901 é obra de Vázquez Gulías. En todo o seu conxunto rastréxanse restos das anteriores construccións, como canzorros románicos, unha capela prateresca e o arco triunfal estilo mozárabe, reparado pero respectando a súa forma.







Detalle de proximidade do retablo do Altar Maior e centro da Igrexa. A recuperación dos seus materiais primitivos, permite contemplar a fermosura deste parte de Igrexa.












A nave central da Igrexa, na que destaca o arco de estilo mozárabe, copia ampliada do orixinal que había antes da reforma do século XIX. No ano de 2001, realizáronse diferentes obras, coas que se recuperaron as paredes orixinais da mesma.










Retablo de San Xoán. En memoria deste santo celébrase a festa maior do pobo. Hai moitos anos, os máis vellos do lugar, compuxeron unha novena na súa honra que chegou a ter moita sona entre os veciños do pobo. A talla é obra de Juan Searao.

A capela de San Roque data de finais do século XV ou principios do XVI. Aquí, podemos observar os arcos renacentistas da súa entrada. Lugar onde se constrúe o monumento en Semana Santa.









Virxe de Seixalbo. Copia da orixinal que está dende o ano 1931 no Museo da Catedral de Ourense, e que foi recentemente reclamada polos veciños do pobo, a través da Asociación de Veciños San Breixo. Esta virxe Sedente de mediados do século XIII, suxeta coa man esquerda ó seu fillo. Éste, bendice coa dereita e suxeta un libro coa esquerda.











A capela da Santa Ádega ocupa un lugar moi importante na vida do pobo. Unha romaría con tradición vense a celebrar tódolos primeiros domingos de febreiro.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net