Camiño de Santiago. A Vía da Prata o seu paso por Seixalbo

Este camiño é unha prolongación da calzada romana chamada Vía da Prata, que comunicaba as cidades de Emerita Augusta (Mérida) con Asturica Augusta (Astorga). Esta ruta sae de Sevilla e atravesa El Ronquillo, Salamanca, Zamora, Puebla de Sanabria, Verín, Ourense, Padrón e Santiago. Na Alta Idade Media, este camiño mantívose vivo, primeiro durante o período hispanovisigodo e despois baixo a dominación islámica andalusí. O término Vía da Prata deriva, precisamente, do sentido etimolóxico orixinal árabe Bal'latta, co que os musulmáns de Al-Andalus nomearon aquela vía pública. Foi empregada, en parte, como camiño para a infantería cordobesa na expedición que Almanzor dirixiu contra Santiago de Compostela no verán de 997. A denominación de Vía da Prata non fai referencia, polo tanto, a nada que teña que ver coa explotación ou comercio do metal apreciado.

Na Baixa Idade Media, este camiño foi novamente cristianizado polos mozárabes de Al-Andalus, que poideron viaxar e peregrinar a Compostela con maiores facilidades tra-la conquista de Sevilla e Córdoba polo rey Fernando III O Santo. O episodio da devolución das campás de Santiago, roubadas por Almanzor, relaciónase tamén cun acto simbólico de singular trascendencia, todo el era cristiá.

A partires de mediados do século XIII, esta vía Sur-Norte foi reutilizada espontaneamente polos peregrinos xacobeos procedentes de Andalucía e Extremadura. Uns continuaban ata Astorga enlazando co Camiño Francés. Outros, sen embargo, tomaban o camiño a Compostela pola desviación de Puebla de Sanabria-A Gudiña-Laza/Verín, para seguir hacia Ourense por Laza ou Xinzo de Limia. O tramo A Gudiña-A Serra Seca-Santiago de Campo Becerros-Laza-Ourense (A Verea Sur) mantivo tamén a súa vitalidade en sentido contrario, camiño de Castela, polo galegos que marchaban a traballar as segas da meseta. Deste xeito foise conformando unha corrente peregrinal procedente do recristianizado sur peninsular, conducida por unha pequena rede de itinerarios xacobeos.

 O Camiño de Santiago, atravesa Seixalbo pola súa arteria principal. A Rúa de Amendo, a Praza Maior, a Rúa Maior e finalmente a Rúa das Laxas, despiden ó peregrino camiño da cidade de Ourense.

As figuras, móstrannos o mapa do percorrido da Vía da Prata dende a súa entrada en Galicia. No mesmo, pódense ver os diferentes refuxos que os peregrinos poden atopar neste traxecto. Nas fotos da dereita, podemos ver a dous peregrinos ó seu paso polo pobo en compaña de Manuel Herminio Iglesias, quen tivo o pracer de ofrecerlles alguns datos significativos do pobo que están a visitar.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net