Novas Outubro 2015
Obras públicas en Seixalbo
Data: 07/10/2015
Como se fose algo que funciona descoordenado, volveron a abrir varias rúas e camiños en Seixalbo. O motivo é enterrar unha tubaxe de auga. Esperemos que a reparación sexa correcta pois tanto a Brea como os demais lugares estaban ben preparados.


Misa en loubanza de San Breixo
Data: 01/10/2015

Un grupo de veciños e amigos tiveron a idea de preparar unha misa, de recente creación, para cantala  o día do padroeiro de Seixalbo. Ó acto relixioso asistiu moito público e houbo moitos aplausos, pois  gustou moito escoitar as voces dos homes. En fin, todo unha sorpresa para os veciños do lugar.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net