Novas Abril 2019
Convocatoria Premio Freire Carril 2019
Data: 30/04/2019
Agromadas ven de convocar o Premio Freire Carril 2019


Bases:

1.-O premio anual FREIRE CARRIL terá un carácter simbólico, polo que carecerá de dotación económica. Constará de diploma acreditativo e figura con inscrición.

2.-Todos os socios da Asociación Cultural Agromadas, así  como calquera  entidade asociativa ou  cidadá  a título particular,   poderán propor candidatos para optar a este premio, dous meses antes da Festa dos Foros, que se celebra unha semana despois do 24 de  San Xoán.

3.-A Directiva da Asociación Cultural  constituirase en xurado para escoller á persoa ou entidade premiada. Para un mellor funcionamento,  o xurado,  poderá recadar a presenza  ou opinión de persoas idóneas  co fin de asesorarse nunha determinada materia, antes de emitir o seu veredicto. 

4.-As propostas para participar no premio presentaranse sempre  por escrito, estarán  dirixidas ao presidente da Asociación Cultural Agromadas e, obrigatoriamente, virán argumentadas, co obxecto de  facilitarlle o traballo ao xurado. Só se aceptará unha proposta por entidade ou persoa. 

5.-Entre as propostas presentadas para ser premiadas,  o xurado  fallará  e  dará a coñecer o nome da entidade ou  da persoa ou persoas ás que se outorga este premio, dúas semanas antes da Festa dos Foros. Os premios entregaranse  publicamente na Festa dos Foros, que organiza  anualmente esta Asociación Cultural. O fallo do xurado  será inapelable. 

6.-Se o xurado  o considerase oportuno, o premio poderá quedar deserto,  por carecer de candidatos ou non reunir estes as calidades necesarias que emanan do  espírito para o que foi creada esta distinción.

7.-A interpretación destas bases corresponde ao xurado.

8.-A modificación destas bases corresponde á  Xunta Directiva da    Asociación  Cultural Agromadas.


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net