


O público respondeu, coma sempre, enchendo o Local de Agromadas. A 
charla de Elena González Iglesias sobre as persoas que coidaban da saúde
 dos veciños no Seixalbo da posguerra foi interesante e emotiva facendo 
reflexionar aos presentes sobre o importante labor levado a cabo de 
xeito desinteresado por persoas que xa non están pero que tomaron parte 
activa da vida en comunidade.
Non menos entrañable foi a presencia de César Norberto Armenteros, 
acompañado da súa dona: o neto de César Iglesias Freire aproveitou unha 
viaxe á Península para pasar uns días en Seixalbo, lugar que viu nacer o
 seu avó, comprobando de primeira man a restauración da casa familiar 
doada pola familia á Agromadas e a actividade cultural que nela se 
desenvolve. César e a súa dona calificaron a experiencia como 
entrañable, un reencontro coa familia e o pasado. En resposta ás 
palabras de agradecemento que foron pronnciadas en nome da Asociación, 
asegurou que estaba gratamente sorprendido pola obra levada a cabo 
engadindo que eran os herdeiros de César Iglesias os que estaban 
agradecidos tanto pola restauración como polo uso que se lle está a dar ó
 Local.
Ao remate, coma sempre, petiscos, viño de Seixalbo, e unha queimada. Por suposto, non faltou a música.

