Liña editorial

A MODO DE SAÚDO

Soñar sempre foi necesario para os humanos. Dos soños moitas veces irrealizables, nacen ilusións e metas. Que sería de nós se non tiveramos unha meta, unha utopía, un soño!
No ano de 1966 un fato de rapaces fundamos o Clube de Amigos de Seixalbo. A música era o eixo fundamental daquela pequena organización. Os anos pasaron e daqueles rapaces que quedaron e outros que se sumaron no 1987 naceu a Coral Agromadas. Agora no ano 2003 Agromadas segue coa música, ábrese a outras facetas culturais entre as que se encontra a fundación da revista Multimedia SOLAINA. E seguimos soñando, pois, a través das novas tecnoloxías, queremos comunicarnos con quen queira comunicarse con nós; queremos divulgar as nosas inquedanzas, o que facemos e sentimos, e abrirnos ó que outros fagan e escriban.
Deste xeito seguimos camiñando pola vida coa intención de sentirnos útiles á causa da cultura galega e ás culturas en xeral.
Dende este punto de vista SOLAINA quere ser unha fiestra aberta á reflexión e ó debate sobre os diversos temas culturais que atinxen ás xentes de hoxe.
Manuel Herminio Iglesias
Presidente da Asociación Cultural Agromadas.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net