Volume 3 Número 1 Ano 2006
Autor:María Jesús Pazo
Estoume facendo vella
Autor: María Jesús Pazo
Galego
Estoume facendo vella... A sintomatoloxía é clara...

Empezas a mirar cara atrás,criticas actitudes xuvenís que observas ó teu carón... comezas a pensar: "cando eu era nena....isto nin de coña."

Veste, así como quen non quere a cousa,criticando os vestires, os andares, as costumes dos que son máis xoves ca ti....

Un bo día daste conta de que as costas xa son costas, e a dor de ósos non se debe a unha mala postura...

... Incluso diría, que te volves máis conservadora.... politicamente, me refiro...

E pensas que ó mellor deberías votarlle ó PP, a ver se volvendo ó poder se tranquilizan e nos deixan tranquilos ós demais.

Eu non sei a vós, pero a min fanme sentir unha coxegueira interior, unha desazón, unha impotencia... Que me perdoen a expresión, pero están rabiosos , e a rabia é contaxiosa.... De todas maneiras... coidado!, isto de pensar en votarlle á dereita si que é significativo! Vaite concienciando, amiga ou amigo, de que non hai marcha atrás,definitivamente estás entrando na seguinte e última fase da túa vida.

E iso que eu consérvome ben...., diría que moi ben!....Non me molesta para nada o matrimonio entre homosexuais, é mais, estou a favor, por suposto! Só faltaba... Tampouco me dá ningún medo iso do Estatut catalá, ¡para nada! Nin creo que se vaia producir a desintegración de España, nin me poñen sobre aviso tan altisonantes palabras...Sexamos serios. En todo caso hai outras desintegracións máis posibles e preocupantes, digamos a do planeta, por exemplo...É dicir, non me preocupa o que pasa, senón o que "eles" din que vai pasar. Podemos aseverar sen máis, que apareceu na vida pública unha nova raza canina de leporinos cabreados ós que o único quede verdade lle importa é recuperar o poder...Para iso estanse inventando unha nova "Cruzada", unha nova "Reconquista", e se seguen así unha nova "Inquisición! Que Deus nos asista!

...Prodúceme tamén certo pasmo ver á Igrexa defendendo con uhllas e dentes os seus intereses, máis económicos ca pastorais, por certo. E bueno... pensándoo ben, e sendo totalmente sincera, tamén me ten un pouco desazonada a inminente invasión africana de Europa, pero, non porque me moleste a cor da pel dos invasores, non, que por certo, son guapisisisísimos todos, senón porque estou segura de que aquí, no noso marabilloso primer mundo, non cabemos todos, así que ou nos imos nós, ou lles axudamos para que eles se queden onde están,( que por certo, teñen uns países fermosísimos que os teño visto eu nas películas... " El jardinero fiel", sen ir máis lonxe!, bonita película,e significativa si, señor. ...) ou nos cambiamos, e nós para alá e eles para acá, ou... eu que sei!

Bueno, eu si sei de boa tinta que xa están pensando os nosos sesudos gobernantes,en como poñerlle cancelas ó vento, i eu , como boa cidadá que me considero, por iso de botarlle unha man a este pobre Zapatero, que mo van matar dun disgusto un día ou outro, tamén teño cabilado pola miña conta nalgunha solución a este problema da invasión,porque dos outros asuntos xa nin se me ocorre!, aínda quenon sei se ma farán viable.Vóuvola comentar a ver que opinades, posibles lectores e lectoras interesadas/os nesta interesante e fermosa revista "A Solaina".Posiblemente lle faga partícipe ó Sr. Ministrodo Interior, señor José Antonio Alonso, das miñas inquedanzas , pero máis adiante, cando a teña ben matinada.

Aí vai:

Así como se puxo de moda ultimamente adoptar nenos e nenas chineses, que, por certo,non sei por que, porque dáme que nun pis plas están máis adiantados ca nós,propoño e suxiro a adopción inmediata dos mozotes morenos africanos. Acabáronse as pateras, a emigración clandestina, a persecución dos sin papeis...o levantamento de alambradas infranqueables...

Que vos parece a idea? Dende aquí fago un chamamento a todas as persoas desamparadas, enmohecidas, atristuradas... e dende fai tempo asexuadas:

¡Mulleres e homeseuropeos: pola adopción de adultos necesitados!, a caridade cristiá non pode estar en desacordo... A Igrexa apóianos...E....

Bueno, por onde ía?... Ah, si! Dicía que me estou facendo vella, e falaba dos síntomas: falta de memoria, deterioro físico e mental evidente, aínda que ben disimulado...

Pero o que máis me f..... e isto si que vai en serio , é non comprender nin aceptar que os meus alumnos, e digo alumnos e non alumnos barra as, porque son eles, eles, nenos de dez, once e doce anos, ós que non lle aguanto que veñan de gafas de sol e gorra ó colexio en pleno inverno e pretendan quedarse desa guisa na clase, que che digan :" que pasada, colega!" cando falan contigo, que teñan televisión na súa habitación e que lles pareza o máis normal, mesmo imprescindible!!... que veñan de móbil a clase, e por suposto, de última xeneración, moito mellor có meu, sen lugar a dúbida...Iso xa é a gota que colma o vaso, non o aguanto e non o aguanto...!!

Definitivamente : vou vella...Terei que xubilarme a tan temprana edad?... Pero non hai que desesperar, se estás nun caso igual ou semellante , que non che se encolla o corazón: existenalternativas:

Toma nota:

Punto un:pasar polo cirurxano plástico, se ves que tal.

Punto dous: a loitar pola adopción de africanos desamparados!! Viva África!!¡ Abaixo a nova raza canina!
Definitivamente estou un pouco desconcertada : Vou vella ou estou cabreada? Xa non sei que será mellor! A alternativa dáme calafríos...Terei que seguir matinando.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net