Volume 11 Número 3 Ano 2010
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
España pregunta: Belén responde
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego
O papanatismo televisivo está lanzando a persoeiros que, sen teren oficio nin beneficio, dedícanse exclusivamente a desplumar e desmenuzar a vida íntima doutros seres semellantes a eles; matrimonios, divorcios, herdanzas, vida sexual e todo tipo de dimes e diretes, son o caldo diario diante as cámaras. Claro está cobrando para vivir.

Estamos diante a copia burda do que acontecía en tempos no río comunitario lavando a roupa, ou na perruquería. Como di o meu fillo Anselmo estes persoeiros dedícanse a “rajar a los demás”.

Cando nos anos oitenta pasamos da televisión herdada do franquismo á competencia televisiva das cadeas privadas, eu non pensaba que este medio, que serve para informar, formar e divertir, serviría soamente para desculturizar e facer de patio de vecindade no máis burdo sentido da palabra.

Durante o franquismo, lembro que os curas facían mediante a confesión de psicólogos dos cidadáns da parroquia. E cando escoitaban, preguntaban cousas moi indiscretas. Agora certos programas da televisión serven para ir dicirlle a unha moza que é o amor da súa vida e dinllo diante toda España. “Te he traído al programa para que sepas lo mucho que te quiero”. Ou para que a famosa Belén solte groserías rozando o ridículo máis burdo; ou fale da Campanario ou da Pantoja a cal está liada co ex alcalde corrupto Julián Muñoz.

En fin: a España do Lazarillo de Tormes segue en plena vixencia. E segundo parece imos ter prensa rosa para largo, pois a audiencia parece que reclama estes programas tan formativos e ilustrativos. A verdade é que estamos como queremos. En Galiza a Telegaita de Feijoo mantén ao Gayoso lanzando un folclore chocalleiro e ramplón que desdi e afea bastante nestes tempos.

Pouco avanzamos na calidade dos programas televisivos. Pouco melloramos na calidade programática. España pregunta e Belén responde. Isto ben a ser como dicir patio de comedias, ou facendo un paralelismo, zarzuela barata. Remato pensando que diría Antonio Machado se vivira neste tempo: España de pandeireta e sancristía... aún sigues durando... Que pena.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net