Volume 3 Número 1 Ano 2006
Autor:María José Canal Bouzas
CARTAS
Autor: María José Canal Bouzas
Galego
Setembro dalgún ano.


Ter olfacto, só olfacto, sinifica que el é un ser que ule, e polo tanto quere seguir ulindo (o desexo esixe a súa perpetuación ad infinitum). Mais os olores esvaécense ás veces (certamente ¡algúns desaparecen tan axiña...!), a pesares de que algúns retornan. E cando un olor esvaece, ela séntese, está, diminuída. É conciencia que ule e comeza a soñar cómo podería reter olores a forza de almacenalos dentro dela para non perdelos nunca. E así é como o espazo interior emerxe, cando empeza a desexar que lle sexa posible reter distintos olores en distintas partes do seu corpo; incluso malos olores. Mímaos, quéreos a todos porque son el. Sinte dor, non a dor (mellor, desagrado) por un mal olor, posto que pouco sabe do bo ou o malo, senón a dor da perda. Todo olor é bo, porque calquer olor é mellor ca ningún olor, có esquecemento.


Todo pracer, e ulir, non importa o que ula, é puro pracer, pasa a ser unha experiencia de perda anticipada. Ela quere, se soubese como, converterse en vasilla de olores, anque só fose para sentir continuamente a súa presenza
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net