LAXAS DE SEIXO : Grupo Teatro Infantil

O grupo de teatro LAXAS DE SEIXO naceu de mans de Montse Nóvoa en 1995 e dende entón teñen posto en escena unha manchea de obras. Dende 1999 Nila Caballero ocúpase da súa dirección colaborando con ela nalgunha etapa Nati Borrajo e Mónica Ferraz. O traballo que se vén realizando nesta última xeira céntrase nos máis cativos: cada curso póñense en escena dúas obriñas curtas, moitas veces adaptacións ou creacións de Nila Caballero ou Nati Borrajo, nas que os nenos poñen todo o seu empeño.Trátase de estimular a afección polo teatro formándoos paseniñamente desde cativos.

Últimas obras representadas.

O Home que se converteu en can

Autor/a: Oswaldo Dragún

Estrea: 21 de Maio de 2006 (Seixalbo)
Outras representacións:   26 de Agosto de 2006(concello de Esgos);
                                               6 de Outubro de 2006(Sta. Teresita)






Unha noite de medo...tricolor!!


Autor/a: Teresa González Costa

Estrea: 21 de Maio de 2006 (Seixalbo)
Outras representacións:   26 de Agosto de 2006(concello de Esgos);
                                               6 de Outubro de 2006(Sta. Teresita)






Suspéndese a función


Autor/a: Fernando Lalana

Estrea:29 de Decembro de 2006 (Seixalbo)








O adiviño oriental


Autor/a: Carlos Sáez Echevarría

Estrea:29 de Decembro de 2006 (Seixalbo)








A disparatada historia do gran Anfitrión


Autor/a: Plauto. Adaptación de Marga Seara Pazo

Estrea:19 de Maio de 2007 (Seixalbo)

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net