Volume 2 Número 1 Ano 2005
Autor:Anónimo
AENEA
Autor: Anónimo
Galego
Aenea é un proxecto aberto arredor do libro.Prentende potenciar o gusto pola lectura, o desexo de saber máis, de acadar un maior coñecemento a cerca darealidade persoal e social.

Abrangue temáticas diversas: medicinas alternativas, artese linguaxes corporais, alimentación e nutrición, ocio, sexualidade, psicoloxía, psiquiatría, filosofía, socioloxía, antropoloxía, relixións, espiritualidade, novela, ensaio, literatura infantil e xuvenil, pedagoxía, etc...

Aenea sabe, que a boa lectura é un acto de creación. O lector crea o libro dende a súa propia experiencia. Por iso, traballa na selección de obras e autores que dan razón e experiencia á arte de vivir.Presenta libros que nos falan a cada un de nós, que nos liberan algo máis, para así, sentirnos con recursos máis creativos e espontáneos.

A vida é demasiado curta para lelo todo, é necesario escoller cuidadosamente o que se vai ler, para facer da lectura un dos maiores praceres.

Ler é unha responsabilidade, e, qué ler e cómo ler, unha actitude ante a vida. É por iso,que a libraría se compromete con esta tarefa ampliando o seu espacio máis alá das estanterías, para dar cabida a unha área de taller.Quere ser este, un lugar de encontro entre o teórico e o práctico, que promova a investigación e o traballo persoal e de grupo, tendo como punto de partida, o libro. O libro como a palabra que sae á luz no confluír da experiencia e o coñecemento. O libro como un acto creativo, de sorpresa, e non coma un obxecto de consumo alleo a unmesmo.

A boa lectura convértese así nun acto de transformación, nun proceso de aprendizaxe. Polo tanto, a lectura como desexo, como beleza, invítanos a descubrir outras cousas e axúdanos a ser mellores.

A libraría pon todo o seu empeño, en ofrecer libros que nonse pechan nunca, por estar cheos de literatura e de beleza. O encontro "co libro" converterase nunha danza cando as palabras doutro se fagan unha experiencia divertida, vital, promotora de cambio, de apertura, promovan, suxiran... Como di Susana Kesselman : " É desexable despertar coa lectura, a danza de cada un".

En definitiva, trátase dun proxecto de animacióná boa lectura.



"Buscar o pracer da lectura, para abrir camiños de sabedoría interna que se plasmen en creación"
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net