Volume 12 Número 1 Ano 2009
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
RECANTO DA MÚSICA
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego

SE CHOVE DEIXA CHOVERE
Se chove deixa chovere,
se orballa deixa orballare.
Que eu ben sei dun abriguiño,
onde me hei de ir abrigare.


Esta cantiga tradicional extraída do cancioneiro de Gustavo Freire pareceume moi interesante tanto pola música como polo texto. Arranxeina para guitarra, engadíndolle diferentes variantes. As variacións non seguen o que se podería entender como modelo formal, onde van numeradas e separadas. Están todas enlazadas de tal maneira que lle dan á partitura unha unidade total. O tema sempre está presente e creo que resulta unha partitura moi agradable tanto para o que toca como para o que escoita.

Somentes me resta animar aos guitarristas a interpretala, seguro que lles gustará. Igualmente aqueles que o desexen poden mandarme a través do correo de Agromadas as consideracións que estimen oportunas. Anticípolles que as lerei con atención.


Fai clic para agrandar...Fai clic para agrandar...Fai clic para agrandar...Fai clic para agrandar...
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net