Volume 11 Número 3 Ano 2008
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
O RECANTO DA MÚSICA.
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego
PEQUENA FANTASÍA SOBRE UN ALALÁ

O alalá é un canto a viva voz que non ten acompañamento. É, por dicilo doutra maneira, un “argotío” (aturuxo) de liberdade que sae do ser, da alma e está cheo de sentimento. Xeralmente é un canto tristeiro, polo que con frecuencia se atopa nun ton menor, como é o caso deste que vos presento. O Alalá non está sometido a unha métrica determinada. Poderiamos dicir que o cantor o interpreta sempre dunha maneira libre: Ad libitum.
Pois ben, a cantiga que musiquei para guitarra baixo o título de pequena fantasía é un alalá que ten o seu propio texto que, polo que parece, pertence ás terras do Támega, ou sexa, Verín.


Monterrei está nun alto,
e Verín está nun baixo.
Nosa Señora da estrela,
ai la le lo laaa...
Está nun campiño raso.


Como outras partituras anteriores prepareina coa intención de aportar material tradicional para a música de guitarra. Aínda que, para iso, sometina a unha métrica e engadinlle algunhas achegas que, baixo o meu criterio, enriquecen a música inicial que, por ser tradicional pertence ao acervo cultural galego.


Fai clic para agrandar...
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net