Volume 7 Número 2 Ano 2007
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
ROMANCE Cantiga tradicional galega
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego
Adaptei para Guitarra esta cantiga tradicional que quitei do libro Cancionero gallego de Gustavo Freire. Debo decir que lle tiña certo apego pois cantámola moitas veces na Coral Agromadas, cun arranxo que lle fixera o meu irmán Anselmo.

A partitura ten como obxectivo principal que todo aquel amigo da música que lle interese a poida tocar coa guitarra e incluso cantala. Para iso debo dicir que dende o compás 19 ate o final é un arranxo que eu fixen para ser tocado.Non pertence á cantiga. A tonalidade na que está recollida é a de Am. Eu por entender que quedaba mellor para cantala un tenor ou unha soprano, paseina á tonalidade de Em. O texto en negrita engadinllo eu, pois penso que ao ser unha melodía anónima, pode serlle aumentada a letra. Sempre que encaixe co sentir e coa mensaxe da cantiga.
Espero que teña utilidade.

Texto:

Estando na miña porta
pola raiada do sole,
vira vir un Cabaleiro,
¡ai, meu amor!
Nun cabaliño andadore.

Preguntou se era casada,
e eu díxenlle, si señore.
Preguntarame con quen,
¡ai, meu amor¡
E eu díxenlle cun pastore.


Que cabaleiro fermoso.
Que doce tiña a mirada.
Que camiñar repousado:
¡ai, meu amor!
Cara outras terras marchaba.

Perdeuse na lonxanía,
Alá no infindo horizonte,
Onde as estrelas e a lúa;
¡ai, meu amor!
Andan a falar de amores.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net