Volume 2 Número 1 Ano 2005
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
A música nos actos relixiosos
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego
A música sempre estivo presente en toda actividade humana dunha forma notoria. Poderíase dicir que dendeo nacemento ateo pasamento, en todos os actos da vida que ten un ser humano,a música está presente. Igual acontece insecticida colectivas: relixiosas, políticas e sociais, nas que a música aparece ocupando un papel importante, pois nada se concibe sen a súa presencia, o que nos leva a afirmar que a música é algo consustancial con toda actividade humana.

Neste pequeno comentario quixera falar da presencia da música que se emprega nos actos litúxicos nos que participamos con frecuencia. Ou sexa, da música que se emprega nas igrexas durante os actos litúrxicos ordinarios e extraordinarios. Pero, para abordar este asunto, hai que partir lembrando os acordos que virán dados polas determinacións tomadas no Concilio Vaticano II, concilio que si ben nalgunhas cuestións sociais non cumpliu cos obxectivos marcados, no referido á musica nas igrexas marcou unha ruptura coa liña oficial anterior, alomenos no tocante ó idioma a utilizar, e á forma e ó estilo musical.

A música antes dos 70

Antes do Concilio Vaticano II a Igrexa empregaba fundamentalmente o seu idioma oficial: o latín. Cantábase en latín e musicalmente seguíanse uns cánones musicais sempre moi vinculados á música modal, que tiñan como raíz o canto Gregoriano, coñecido tamén como “Canto llano”. Era unha música baseada no fomento da espiritualidade e no ensalzamento do culto divino, partindo do valor da palabra. Proporcionaba esta música un recollemento que buscaba a espiritualidade, sen esquecer o fomento do maxestoso e a grandiosidade da igrexa aportado polas obras feitas polos grandes compositores fundamentalmente do Barroco.

É evidente que nas igrexas non só se cantaba o Gregoriano, pois había lugar para a música a voces e para a harmonía. Pero non se esquecía a raíz deste canto tan espiritual, sempre presente dalgún xeito no discurso musical.

Esta liña musical moi entroncada historicamente na igrexa, empezou a ser cuestionada, fundamentalmente, polos sectores máis relacionados coa evanxelización, que atopaban moitos problemas para achegarse ós indíxenas cantándolle en latín, nun idioma descoñecido para eles.

Esta cuestión foi moi valorada polos cregos, e entendendo que a mensaxe de Xesús era o fin primordial da evanxelización, e que dita mensaxe tiña que ser entendible, admitiuse a inclusión na liturxia dos idiomas nativos. Os cregos fixeron seus estes cambios, buscaban un achegamento á xuventudee coa música era moito máis doado, conecta mellor cos mozos e mozas en idade adolescente.

Na nosa órbita xeográfica este feito deu lugar á entrada da música fundamentalmete coñecida como moderna ou lixeira nos lugares de culto.

A falla dunha guía musical que marcara uns criterios estilísticos e estéticos deu paso á pérdida dos criterios artísticos, e neste tránsito musical case todo valeu. Esta carencia de criterios levou a copiar calquera melodía profana póndolle unha letra religiosa, xeralmente en castelán.

Pretendíase chegar a mensaxe de Deus ás xentes, e a cuestión de estética musical quedaba relegada, aparecendo nas igrexas unha música ramplona e vulgar que nada tiña que ver coa tradición musical cristiana. A Igrexa renunciaba a unha tradición secular e perdía, a favor da evanxelización, unha raíz musical fomentada dende moi antiguo. Aparecía a guitarra tocada como un elemento de acompañamento, e case desaparecía o órgano. O rasgueo imperaba e impera na actualidade despreciando outras cualidades musicais propias dun instrumento como o mencionado. Quen isto escribe nalgún momento participou desta música que é a que circulaba nos escasos cancioneiros religiosos existentes polos anos sesenta.

O achegamento ós fegresestrouxo como consecuencia que os actos litúrxicose os cantos que neles entonaban se fixeran nos idiomas romances, deixando de lado o latín. Esta determinación obrigou a preparar textos e músicas para esta nova etapa. Nun primeiro momento, os anos setenta aproximadamente, fixéronse unha serie de cantos para os diversos actos que non se desvincularon plenamente da orixe modal e das raíces musicais da Igrexa. Evidentemente houbo aportacións musicais boas e interesantes, pero foron casos illados.

Nunha segunda etapa os criterios referidos “manter as raíces musicais" van desaparecendo e chegan novos cancioneiros con novos textos e músicas, unhas de nova creación, sen raíz eclesiástica e outras con adaptación de melodías populares coñecidas, ás que se lle puxoun texto de carácter relixioso. Chegou o plaxio burdo e vulgar.

Este tipo de música sumamente comercial e sen ráiz relixiosa está dirixida preferentemente á xente moza que encontra nela un atractivo, pola súa similitude coa música lixeira profana.

Ó carecer dun criterio musical estético-relixioso, a música na igrexa vaise depauperando e confundindo coa estética musical profana, o que, baixo o meu punto de vista, perxudica notablemente os cultos e ceremonias. Todo se despersonaliza e toma criterios comerciais impropios, non enraizados coa tradición cristiana nin coa tradición musical de cada lugar ou comunidade.

A música relixiosa en Galicia.

No tocante á nosa terra, este problema vese agravado coa falla de recoñecemento como ente político diferenciado de Galicia. Pensemos que estamos nos anos setenta e a Autonomía non chegará ate a década dos oitenta, polo que a apertura idiomática da Igrexa en Galicia faise a favor do castelán e en contra do galego, idioma non recoñecido oficialmente ate anos posteriores. Por tal motivo, as cantigas modelo que se importan virán copiadas de éxitos populares e discográficos americanos e europeos como o coñecido: “Los sonidos del silencio” do dúo Simon &Garfunkel cantado como O Noso Pai, ou o “Va penssiero” de Josepe Verdi, espirituais negros e mesmo cantigas dos Beatles.

Outro caso foron as cantigas importandas e copiadas de grupos americanos. Todas traducidas ó castelán, cuestión esta que denota falta de criterio, e que todo vale para achegarse ós crentes.

Se a Igrexa oficial colleu éxitos populares para o uso na liturxia diaria, cabería dicir que neste senso foi onde se percibiu unha falla de presencia da Igrexa Galega. Esta non soubo dotar ás parroquias dun cancioneiro relixioso de cantos baseado nas raíces da nosa cultura. Falamos en galego, rezamos en galego e cantamos en castelán cantigas importadas e copiadas, incluso de cantos doutras relixións alleas á cristiá. E se algo se fixo, careceu dun rigor que lle dera certo peso e aceptación entre os clérigos, sempre remisos ó cambiodo ordinario.

Unha proposta musical.


Calquera proposta musical que se faga tendente a ter unha liturxia musical baseada nas raíces musicais propias da igrexa terá, baixo o meu punto de vista, que partir de dúas premisas:

Non pecharse no inmovilismo pero avanzar sobre cuestións e criterios estético-musicais sólidos e enraizados coa tradición musical da Igrexa.

Seguindo co anterior, é necesario partir de preservar os valores musicaise estéticos nos que se baseou a música relixiosa. Neste senso parece oportuno non esquecer a riqueza do gregoriano como fonte inspirativa.

Igualmente: o bo facer da harmonía clásica.

Beber das fontes idiomáticas e da música tradicional de cada lugar, partindo dunha recolleita exhaustiva e depurada das músicas e textos.

Só desta maneira se poderá endereitar un camiño musical, baixo o meu punto de vista mal encauzado. Evitando que a música adicada ó culto caiga no zafio, no vulgar e no anódino, cousa tan abundade hoxe nas nosas igrexas.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net