Volume 7 Número 2 Ano 2007
Autor:Amelia González Iglesias
Unha metáfora
Autor: Amelia González Iglesias
Galego
Que risa boba me entrou! En directo, imposible seguilos. Pecho os ollos, baixo a radio, como esperando o peor…

Outra cousa é ver as imaxes despois dun final feliz. Todo un espectáculo cheo de colorido e movemento, sazonado cos sentimentos máis primarios dos protagonistas.

Uns cantos animaliños de catro patas, con cornos, rodeados por unha masa branca-vermella, na que destacan pernas voando e ollos atentos que se pechan ante o perigo inminente.

A valentía desaparece ó presentir os pitóns preto do traseiro e un remuíño humano descontrolado arrecia polas rúas de Pamplona.

Descarga de adrenalina, morbo do perigo, pánico, soidade na multitude, un sálvese quen poida e ó final alivio e baleiro… Imaxes cheas de beleza, entrañables, que parece levan ó abrazo entre descoñecidos, que xa non o son, unidos por un mesmo fin (non sei ben cal é).

Quen persegue a quen? Só buscan un sitio na carreira cara o peche, non caer, non ser collido.

Metáfora da vida: Uns rematan pechados, algúns feridos, e os máis, disfrutando da festa, moitas veces co pretexto da invocación dun Santo, inda que non estea nos altares. Pero todos buscando un sitio.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net