Volume 11 Número 3 Ano 2010
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
LEMBRANZAS - O Recanto da Música
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego
Como sabedes, dende hai un tempo, pertenzo ao grupo de Vellos Amigos que hai moitos anos fundou Manuel de Dios, ilustre ourensán que no seu día dirixiu a coral de Ruada á que lle imprimiu unha personalidade musical e interpretativa que aínda hoxe dura. Pois ben, resulta que nun dos ensaios semanais apareceu a cantiga titulada A Noite, baseada na música da película “Los Chicos del coro”.Esta cinta francesa que no seu día avivou en min o retrato daquela escola fría, triste e autoritaria onde con paus e monsergas aprendín as cantigas que lembraban ao imperio e onde, sen decatarme, deixei de ser neno, é a melodía que vos presento. Si aquela escola rural mal equipada, ideoloxizada, manipulada e monopolizada, onde os mestres castigaban coa vara sen reprimirse e que agora lembro con certa tristura foi algo que eu vin retratado na película. ¿Cantas historias tería para contar? ¿Cantas letanías e aventuras para retratar a vida dun neno do rural? En fin... Cantas cousas por dicir. Pois ben, a partitura que vos presento foi froito dun arranxo para guitarra que espero sirva para traer á memoria unha daquelas fermosas melodías que escoitei na película.
Outra vez a música como fío condutor para lembrar o pasado e reflexionar sobre o modelo de educación e maxinar o futuro. Como trato de ser positivo, aínda que ás veces non o consigo, quero pensar que este arranxo pode aportar algo. Eu fíxeno coa mellor das intencións. Por iso espero que vos guste.

Unha aperta.
Manuel Herminio Iglesias


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net