Volume 11 Número 3 Ano 2010
Autor:Emilio A. Quintana Fontaíña
Fernando Freire Carril
Autor: Emilio A. Quintana Fontaíña
Galego
No ano 2.011 conmemorarase o 2º centenario do nacemento deste seixalbés de adopción. Con este gallo haberá que programar algo para esta efeméride.

No plano da investigación sei que Emilio González Iglesias xa ten feito algunha cata documental que seguro nos fará máis familiar a figura de Freire Carril. Unha primeira biografía sería o paso previo para outros actos na súa memoria, e se alguén quere aportar algo da súa vida a través dalgún documento, pois sería tamén importante, xa que deica agora pouco sabemos da súa figura.

Temos que divulgar todo sobre a súa vida en Seixalbo e da súa influencia sobre os demais veciños, así como tamén da súa personalidade e entorno familiar, para tecer un bo contexto económico-social da época que lle tocou vivir, e deste xeito ter a dimensión que Freire Carril merece.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net