Volume 11 Número 3 Ano 2010
Autor:Andrés González Seara
Sin título
Autor: Andrés González Seara
Galego
Tes moita auga na ollada, rapaz.
Curioso, non che parece?
------
A auga adáptase ás formas e amóldase ás circunstancias.
A auga busca sempre o seu camiño, ás veces através da mesma pedra.
Tes moita auga na ollada, rapaz.
-------------------
Os días de chuvia ídesme ver sempre cun sorriso andando pola rúa.
Non sei por que, pero pásame.
Alucíname saír da casa despois dunha noite na que choveu a caldeiros e respirar ese aire húmido que me acariña o corpo.
Gustaríame ser esas pingas de orballo nunha mañá de outono,
O pequeno fío de auga que decorre por unha fonte.
Amelie cando se derrete de vergoña na escena do bar.
Quero ser a néboa mesta do inverno
E a neve...
--------------------
Quero ser as ondas do mar que baten contra as penedas.
E a brisa salgada que che debuxa o rostro,
A auga dun charco.
O bafo que queda suspendido no aire cando xía e amencemos baixo cero.
Ou unha pota fervendo.
Pero tamén quero ser as pingueiras da casa do meu avó cando era cativo e lles chovía dentro.
A auga atrapada nun vaso de vidro.
A cisterna do váter,
unha pinga de choiva que esbara polo vidro da xanela
e o Katrina.
Iso tamén é auga, non si?
---------------------
Tes moita auga na ollada, rapaz.
Eu quero ser auga.
Porque nunca has atopar dúas pingas de auga iguais.
Porque... porque me da a gana
Eu quero ser auga.
Mais unha vez Ofelia díxome:
Téñoche que contar un segredo.
...
Estívenme fixando e ti non tes que ser auga.
O que?
Que non tes que aprender a ser auga.
Porque xa te moves como auga, Andrés,
xa es auga.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net