Parrafeo 2014
Autor:María Jesús Pazo
PARRAFEO 2014
Autor: María Jesús Pazo
Galego

Parrafeo 2.014( 27 de nadal)

Queridos amigos, veciños, compañeiros,  comezo xa malamente, este parrafeo añorando os tempos en que sendo eu adolescente e moza, o Nolete se subía ó balcón do Luís, e dende alí discurseaba  mostrándonos o seu inxenio e a súa chispa.

Tempos de tranquilidade, aceptación, resignación, emigración…

( Non parece que pasaran 40 anos…)

Añoranza, digo, pola tranquilidade daqueles tempos, mestura de

inocencia e ignorancia  polamiña parte.Pero eu percibía que todo estaba

no seu sitio.Os pais mandaban, os avós mandaban, o cura mandaba, o

alcalde mandaba, a mestra mandaba, a garda civil mandaba…todos a

mandar , e nós a obedecer , fácil.!!

Hoxe, o mundo desmorónase ó noso arredor. Os país son colegas e non

mandan nada, os avós, gañan o afecto dos netos e dos fillos, que non a

autoridade,  grazas ás esmolas domingueras cos que  agasallan ós netos e

á pensión da que, en moitos casos, viven os fillos. As autoridades tanto

eclesiásticas como civís, desprestixiadas, criticadas ,minusvaloradas…

queren mandar, intentan mandar, propóñense mandar….E tristemente, conségueno

(Lei de seguridade cidadá, por exemplo, do goberno do señor Rajoy, que, sabendo o

Que ía facer e en previsión das súas consecuencias, pensou en amordazarnos coma en

épocas pretéritas, non moi lonxanas.

Ademais de con añoranza ,veño con espíritu derrotado, porque por máis

Que intentei darlle a este parrafeo un aire festivo,  simpático como sería o

do añorado Nolete, ou os das miñas compañeiras anteriores,

non houbo maneira. Non fun quen. Non é de estrañar: eu son

persoa seria e circunspecta, xa me coñecedes , e ademais, os tempos

están para poucas risas e pouca valentía.Porque como diría o noso

egrexio escritor, Álvaro Cunqueiro: “ eviuse ave quen fora home, aínda

que ficaba o remedio da peregrinaxe a Santiago, onde era sabido que

aqués de pluma de antaño, volverán á natural forma”. ..Fostes a

Santiago?, ai, non…!!Pois seguiredes con plumas,  e cacarexando no

bar do Toño ou ladrando o voso rancor polas rúas, que diría o señor

Aznar.

Non hai nada que nos anime, que nos console ou que nos mova!!

Ata o Barça perdeu a liga, a copa, a champions!! La roja non pasa do

primeiro partido no Brasil. O noso equipiño ourensán desaparece…Ten

razón a miña tía Maruja, que cada vez que vén á casa da miña nai, me

repete o mesmo. “ Eu non sei o que está  a pasar hoxe no mundo e a

onde imos parar”   Que está pasando?Pois que Alemania 7, Brasil 1,

metáfora mortífera que doeu, eh, doeumoito, aínda que sósexa fútbol…

Bueno, e volvendo ó cacarexo, ás plumas, á falta de valentía …

Algo, algo de valentía hai. Tanto, que la señora Tacher del Sur, versus

Esperanza Aguirre, e a sú amiga da alma, ( percíbase a ironía) chámanlle ás

manifestacións: terrorismo callejero, e quixeron mandar ós

yayaflautas terroristas callejeros, a un manifestódromo. Non debe de

estrañarnos: Madrid leva  case que 3.000 manifestacións este ano.

Comprendede que á señora excelsa e electa alcaldesa la tengamos

muertita de los nervios.Tanto, tanto que xa se presentou como non

candidata para as próximas municipais. Que disgusto se levou o señor

presidente e a súa amiga Aguirre!!

Haibos, exemplos contrarios á insultante expresión gallinácea : a marea

branca en Madrid,  o barrio do Gamonal en Burgos ,algún que outro paro

no desafiuzamento das xentiñas, gracias á sorganización só caso e miles

de manifestacións en Madrid, o que como dicía antes, xustificarían as

dores de cabeza de la señora alcandesa, herdeira ela do señor Ruíz

Gallardón, que parece que tiña un magnífico plan para solucionar os

problemas do envellecemento da poboación española , iso si, contando,  e case

exclusivamente, coa inextimable axuda de Deus…

Moi cristiano el, e moi progresista.

Tanto, tanto, que ata o votariamos se non  fosemos de esquerda. Que mal ollo!!

Como di o Roto :“Tinguían o cabelo para parecer máis novos, pero

notábaselle a idade nas ideas…”

É tan boiño que ata  indultou a 77 corruptos nos dous últimos anos….! E

pau  álei da xustiza universal.Pero ten razón, para castigar xa temos a

deus. De momento aforemos ós príncipes e á raíña, ó rei vello

rapidamente, non sexa que lle saian por aí asuntos desagradables. Iso si,

ás mulleres hai que endereitalas que nos secuestran en Nixeria,

emprégannos coma mulas de carga en Marrocos…que nos pagan menos

caos homes facendo o mesmo traballo, que nos vilipendian a troche e

moche Cañetes, presidentas de organización empresarias…que nos

queren conxelar os óvulos, para que retrasemos a maternidade e

traballemos nos anos máis fértiles….

Que tempos! A min vóltame a añoranza e penso nos tempos en que un

tiña os fillos que deus mandaba, ou os tempos do invento da marabillosa

píldora, cando, coma sempre, o meu escritor de cabeceira, o meu

maxinativo Cunqueiro, nos daba a solución.:  “mesturar

semente de loureiro, un pouco de zucre, algo de aspirina…Claro que o

mellor era capalas a todas!!”… Antes capalas, hoxe obrigalas, ou matalas,

porque como di o cura paisano aquí do señor Rosendo, “Antes, si el

marío venía borracho podía darle una paliza, pero no se las mataba

porque había temor de dios, estaba el quinto mandamiento, ahora no

hai moral ni haina”. ..Está visto que ás mulleres mátanas porque os

homes non saben o catecismo….!!

Ai, ai, ai,esas catequistas, eh, Nieves? Bueno, e volvendo ó señor ministro,

vai o pobre e dimite .A nós que se nos enchía a boca dicindo que aquí non

dimitía ni dios). Pois, si, si, dimite dicindo que non soubo servir ó seu

presidente…E o seu presidente descorazoado bailando a muiñeira.

Pero ós que aínda lle gardades certo afecto ó noso exministro, non

Vos preocupedes nin pola súa economía nin polo seu futuro. Nomeárono

conselleiro consultivo da autonomía de Madrid, iso si, cun miserable

soldo de 8.500 € ó mes.Meu pobre!!! Como se pode vivir con  isto!!!

Bueno,xa vedes  que non é tan dramática a cousa. Aparece un papa este

ano, Francisco Bergollio, que parece querer darle outro aire á igrexa e

deixar a excomuñón e o inferno só para os políticos.( Bueno, isto é cousa

miña).Que foi ata Oriente Medio, e a Cuba  a ver se mediaba…excomunga

ós da mafia…, pide perdón polos abusos sexuais do clero e toma medidas

contundentes.. Tamén o andan rondando a ver se deixan casar ós curas.

Propaganda?, verdadeira renovación? Deixaremos a solución para futuros

parrafeos.

De todas formas, non vos preocupedes os puristas, que vos queda Rouco,

que anda por aí, un pouco xubilado iso si, anunciando unha posible

guerra civil e defendendo os seus dereitos, si, señor, que el non se vai, que

a el non o desafiuzan coma a tanto pobre misirable, que el se reserva la

zona noble del arzobispado, aínda que teña que saír pola porta de atrás…

A señora Merkel, a mandamais de Europa, cando gobernaba con maioría,

…que se recortes por aquí,  que se recortar por alá, que se vivimos por

riba das nosas posibilidades, que se temos que pagar o que debemos

aínda que morramos de fame, que xubilación ós 70, baixar os soldos,…

Agora que goberna en coalición : que se xubilación ós 63, que se axudas

Áspensións máis baixas, suba do salario mínimo…No seu país, claro!

Porque ós demais, hai que exprimilos. Parece ser  que temos unha

débeda que non baixará do 100 % do PIB antes de 30 anos.!!!

Pero que fixestes? Como fostes capaces de deixarlle débedas ós vosos

netos? En que estabades pensando? Ah! Que non, que non fostes vós?

Pois é igual.Gañastes a expulsión do paradiso europeo por

despilfarradores.  Pero aínda que nos saia o cabreo polas orellas e

botemos fume coma as vacas na corte. Os galegos dámoslle un enfoque máis positivo  ós problemas.

Por exemplo, nós témolo máis fácil para solucionar o problema do paro…

Podémonos converter todos  en emprendedores. Porque  como para

Emprender hai que maxinar.. Eu , por se por aquí hai algún emprendedor,

ou que queira selo, remítovos de novo a Cunqueiro, que en maxinar

ninguén lle gaña.

Conta el en boca dun dos seus personaxes:

“Voltaba eu de Madrid-iso si, hai que ir a Madrid ,- pois voltaba eu de

Madrid, cun libro que ensinaba a predicir o tempo, a curar as doenzas do

gando, e unha oración contra o pedrisco.”

Home, o do gando e o do tempo está bastante evolucionado, pero a

oración contra o pedrisco… non vos parece que ten futuro.?

Tamén vos recomendo que, como fixo o Coxo de Estrebo, outro personaxe

De Cunqueiro, subades ó cumio das nosas montañas, cabilade sobre os

males do mundo.: paro xuvenil, e paro en xeral,fame e miseria,

independentismo catalán,( non me digades que non, que el temita nos

tiene un tanto arrepiados, menos al señor Rajoy y a Mas, eles saberán por

que, corrupción xeneralizada ( seica estamos na Champions Li) :…

O caso do Pujol meréceme unha reflexión aparte. Non sei a vós, pero a

Min foime un mazazo impresionante, foi, diríavos, coma se de repente me

din que lle aparece un fillo ilixítimo a Fraga, ó noso Fraga!, ou que Iñaqui

Gabilondo inventa as noticias…Bueno, el di ,que os cartos herdounos e

que el sempre traballou pola nazón  catalana,e eu estou por crelo.Non

imos dicir agora que non existe o de traballar polos ideais, ou que todos

sodes corruptos

.. …En fin, despois desta triste reflexión, voltemos ó coxo de Estrebo e

subide como fixo el, ás montañas galegas,aprobeitade o seu campo

magnético producido por meigas e trasnos que pululan por enriba das

vosas cabezas e colaborade co plan de futuro que Europa nos ten

asignadorecuncho do misterio, dentro dun paradiso para vellos e ricos.

Produtores de pracer e benestar para os ricos e sufridores europeos do

frío norte.

E baixade logo con receitas que, volvan ós vellos, mozos, con carnes

pretas.Podedes escoller coma modelo,por exemplo, ó xenro da Ledia e do

Ignacio, o Mito, artista polifacético.Maxináde nos ós galegos que así

Como fomos produtores de francos, rajois, feijós, fragas, roucos, sexamos

a punta de lanza dos emprendedores, a cúspide dos inventores, o pico do

Everest dos innovadores. Porque non sei se sabedes que no informe Pisa

Imos ó rabo de Europa, pero o que non saben o resto dos europeos é que

nós no que nos especializamos é na formación de líderes e

lideresas: ademais das excelencias anteriormente mencionadas temos

agora alcaldesa en París e primeiro ministro en Francia….

E se o dos emprendedores non vos convence, porque sodes un pouco

vagos, e ademais estades cobrando o paro,  non vos preocupedes, que

entre o ascenso aterrador de Podemos e que están moi pertiñas as

eleccións, vanse crear millóns de postos de traballos nun santiamén.

Como vedes hai solución que só valen para Galicia, porque non todo o

mundo ten un Cunquiro en que  inspirarse, pero reflexionando,

reflexionando, a unha dóelle a madre patria,( non coma a outros que só se

lembran da madre patria cando se fala do independentismo catalán ou

para reclamar: Xibraltar, español,!!)e saen algunas solucións

que valen para toda España, eu diría que para todo o mundo.

Lembrades a aquel home ,creo que valenciano, eh, Paco? que falsificaba tan

ben os cartos que case non se diferenciaban dos oficiais?

Creo que o meteron no cárcere.

Eu  non sei como non saímos á rúa e reivindicamos a súa saída.

Por que só teñen que valer os cartos que queren eles? Que máis dá unha

Raíña máis ou menos…Estamos fartos de saber que se falsifica todo,

absolutamente todo, e que o fraude só baixou este ano o 9%.

Outra solución pode ser preguntarlle ó presidente de Uruguay,

José Múgica, ó seu país outorgáronlle o premio “ país do ano,

Pola súa receita para a felicidade humana” Pero para onde estamos

mirando.?

Ou, por exemplo, crear aínda máis paradisos fiscais, aquí en España,  e

tomar como modelo a  Luxemburgo y al señor presidente de la comisión

europea, señor Junker.

Pero aínda mellor: Imitemos ós chinos, deixemos de demonizalos.

Ademais de traballar as 24 horas e de comer arroz, que non é tan caro

coma a carne, por exemplo, montemos empresas que non se sabe onde

están, que só existen nas redes, son etéreas, aéreas… e que se chaman

“alibaba….”

E senón fagámoslle caso ó barbiñas de coleta, ese rapaciño churrusqueiro

Que saía tanto na tele, e que di cousas como.: auditoría pública sobre a

débeda, a  ver que parte non hai que pagar….prohibición dos

desafiuzamentos, poder político á xente, alianza xeopolítica do sur fronte

ó norte e máis!! . A que está moi bonito? A que non hai nada de malo

nisto? Etapa interesante a que nos toca vivir… Viviremos bastante para

velo?

Bueno, bueno,e finalmente, eu como boa galega, presumo de Cunqueiro,

e os seus manuais maxinativos, pero ultimamente no resto de España

teñen el método Nicolasín. Al estilo de  la marca España, moderno  e

antigo á vez, é dicir, atemporal, castizo.Iso si, só para xente moi xove,

adolescentes, diría.

Fran Nicolás, Fran para los amigos, vendo que o futuro non está no

traballo duro e responsable,  elabora un plan de vida , coma aquel que se

fai un plan de pensións, e aplicando o vello refrán : “ al que buen árbol se

arrima, buena sombra le cobija”,comeza o seu ascenso estelar e

meteórico. Viva o inxenio e os trepas, símbolos inequívocos de la marca

España deste e de todos os tempos.!!

E mentras nos emocionamos creando postos de traballo e se nos van

ocorrendo ideas emprendedoras, como andamos por aquí, pola nosa

terra?

Ventos que parecen furacáns, chuvias que parecen diluvios, cicloxénesis

lle chaman. Que vos parece se  abogamos por unha cicloxénesis á galega

que leve toda esta panda de politiquillos de 3 al cuarto.?  Pachistas por un

lado, Besteiristas por outro, xudicializado o concello, que digo, concello!

Concellos de Lugo, Santiago, Ourense, Porriño…… Vendez, Patos,

pokemons, carioca, campión, Eros, Quins…Nomes ben infantís, para o

asunto co que se relacionan: corrupción en Galicia coma no resto de

España.

Pelexan os galos por amor ás pitas? Ou pelexan os galos para controlar o

galiñeiro?

Gran dilema da Real Academia Galega: Polbo ou pulpo?

Non é un tema menor! Eu admitiría os dous: primeiro un bo polvo e  logo

unha boa tapa de pulpo!! Ese problema non o teñen en Ourense:nin

noite, nin noche e celebran” La Shopping Ning”, así  se quitan de en

medio los problemas con el gallego.

… E o señor Baltar, o cacique bueno, no banquiño dos acusados.

Vaia, vaia, durante trinta anos non lle puidestes botar o dente, ou non

quixestes e agora de vellliño, xubilado, nestes menesteres,..vergoña vos

tiña que dar…

Eunha gran noticia nos encheu de orgullos e satisfacción: O rei dimite e

Os novos reis Felipe e Leticia veñen a inaugurar o curso escolar a Galicia…

A Ourense… ó Benchosey!!! Eh???Non aplaudides, nin vos aledades,

Nin erguedes o pescozo en sinal de orgullo, que sosos estades!!!

Pero como vos dixen antes, un ano dá para moito, e este ano foi prolixo en

acontencementos e non só no nosoterra.

Como sabedes cada ano celébrase o estado de la nación.

E mentres os nosos políticos discuten sobre o sexo dos anxos, que é un

Tema moi difícil para   chegar a acordos, polo sur os africanos pican, máis

Ben rabuñan nas nosas portas,nas nosas verxas de  ferros e

concertinas.. E nós, asustados, poñendo barreiras ó vento.

Non nos damos conta, de que eles son xoves e fortes e nós velliños e

débiles,que estamos expostos a un montón  de enfermidades crónicas

pola nosa idade e estamos moi mimosos para responder ó ébola, por

exemplo. Que mentres a epidemia sexa en África, alá moi buenas, pero

como se acerque … que xa se acercou, coa auxiliar de enfermeiría galega,

miña pobre, a que montou indo á perrucaría, que nos puxo a todos

tremendo de medo e febre, xa vemos ós laboratorios a toda mecha

buscando un antídoto global.

Se deixaramos ó norte de África en paz, e lle deramos por exemplo

ó finado Gadafi os 5.000 millóns de euros que nos pedía para que Europa

non fose negra, outro galo nos cantara…..

E alá un pouco máis ó leste, en lugar de nacer o sol, e de deixarnos

gozar dos seus cálidos raios, xa na nosa vellez europea e civilizada,

aparece o califato. Deus, volven os árabes á conquista dos cristiáns.  E nós

cagadiños de medo, antes eran os comunistas, agora é a Yijad, e dous

demos, o Putin, e outro chamado Netanjahu, israelí el, que fixo unha

masacre en Gaza e despois da norte de  3.000 gazatíes = 67 xudeos, di:

“misión cumplida”.Y se retira a sus cuarteles de invierno. Por canto

tempo?  Ten razón a miña tía: “ Que está pasando no mundo hoxe?

E vén un primaveral día de maio e celébranse as eleccións europeas.

E a sorpresa xurde coa irrupción aquí de Podemos que supuxo  para todos

os partidos coma se recibirán un tratamento de electroxoc  . Eu creo que

aínda están un pouco electrocutados, e andan a correr modificando de

aquí, parcheando de alá. “Hai que aprobar rapidamente que goberne

sempre a lista máis votada, por lei”!! Elección directa de alcalde…!

Primarias para todos, novos líderes guapos e inmaculados…

E nun parrafeo que se precie, e abusando un pouquiño da vosa paciencia,

non poden faltar os personaxes do ano.

Bueno,bueno, la señora Aguirre e a súa escapada xuvenil da autoridade

competente. E que contenta se puxo a señora Botella. “La justicia es igual

para todos”. (Toma…!!.)E enriba que se presenta como futurible alcaldesa.

Pobre Rajoi, nin en nadal o deixan en paz!

Adolfo Zon, que volve do Brasil para pasar unhas vacacións e de paso non

perder de todo as súas raíces, e Agromasas concédelle o premio Freire

Carril,  e el di que lle serve de estímulo para seguir luitando polos máis

humildes, bueno, non, cos máis humildes, que non é o mesmo.  E vai o

papa e noméao bispo.! Menudo bombazo informativo en Seixalbo.

Noraboa, Adolfo, que che chegue o noso agarimo e o noso aplauso  dende

este parrafeo.

A infanta Cristina e o xuíz Castro: parella do ano. Un, mira que te imputo,

yo es que no sabía nada, mira que es verdad, Castro, que estaba

namorada, que si, que non….bueno, te imputo, pero sólo un poquito.

Creo que falar de Blesa, Rato, Granados… é darlles demasiada categoría,

pasaremos de largo, coma se non existisen, coma as súas tarxetas

fantasma, opacas,máxicas. Outubro negro lle chaman, outubro,

novembro, decembro, xaneiro… ata cando?

E como non, para min os personaxes máis importantes deste ano foron os

emigrantes, xente xove, que colle camino e manta e vaise a producir e

vivir malamente, a maioría a Alemania, sónavos?  Séculos de ida e

volta…. Ou de ida sen volta…..?

Fun ó INEM a ver as miñas posibilidades e dixéronme que estaba

demasiado preparado”.Se estás demasiado preparado, ada, non vales

para este país.

Un ano complicado este, pero mellor có anterior para algúns, e peor para

case todos. O caso é que foi un ano máis e un ano menos e iso ninguén

nolovai quitar do corpo. Amigos e vecinos: aquí poño punto final a este

parrafeo.Sexamos optimistas, moi optimistas, optimistísimos, e

celebremos o fin da merda  da crise,e dos seus trasuntos, léase

corrupción, corrupción , corrupción e en moitos casos, impunidade e

impunidade. Bo fin de ano e que o ano  2.015 nos depare menos

deplorablesacontecementos. A vivir e a beber!Abaixo espéranos o

consolo do refrixerio.. E viva o viño e viva a festa!!!

Como dicimos nos foros,

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net