Volume 17 Número 1 Ano 2015
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
Hai cincuenta anos
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego

O xornal "La Región" avívanos a memoria lembrando o traballo colectivo, daquela "prestación persoal ou  peonadas", que se facía no rural para saír do bulleiro e mellorar. Traballábase, incluso os domingos, para arranxar o primitivo e precario saneamento e o pavimentado das rúas.
Cantas lembranzas! Recordo que por esta mesma época viñan á praza do lugar viñan os camións a cargar os pementos e tomates que marchaban para Coruña e Vigo. Tamén lembro o único teléfono na rúa da  Regata. O saneamento e pavimentado, do que fala a crónica, renovouse na súa totalidade nos anos 90,  sendo alcalde Manuel Veiga Pombo, e co traballo da Asociación de Veciños San Breixo. Mais, xa daquela, 1965, aspiraban os Seixalbeses a ser vila, sen saberen, claro, que xa tiña ese título pois, despois do fallo do xuízo dos foros, soamente se perdera o nome de Couto, e non o de vila.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net