Volume 15 Número 1 Ano 2014
Autor:Emilio A. Quintana Fontaíña
Jaimito
Autor: Emilio A. Quintana Fontaíña
Galego

Lembro que alá polos anos sesenta, na época estival, viñan uns ambulantes a Seixalbo e coa súa caravana asentaban na Praza Maior.

Tratábase dunha familia de titiriteiros que naqueles días de calor facían de Seixalbo algo distinto cos seus números de circo, e sobre todo por un personaxe entrañabel para todos aqueles rapaces e mozos que daquela non tiñamos grandes diversións: Jaimito, un paisano que tiña que loitar contra todos os contratempos da vida e que poucas veces saía ben de todos aqueles trances. Era tal a identificación que Seixalbo tiña co Jaimito que o pai da familia era coñecido como Jaime, polo menos deica o momento no que aclarou que Jaimito era so un personaxe e que o seu nome era outro; ademais era este un home ben aberto e naquela época non había moito diñeiro en circulación a xente traíalle patacas e pementos, aínda que prefería os cartos; de todos os xeitos, cando probaron os produtos de Seixalbo, quedaron gratamente impresionados pola calidade que tiñan ademais dun sabor moi propio.

Esta familia seguiu vindo ata os anos setenta. A partires de entón, non soubemos máis deles.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net