Volume 14 Número 2 Ano 2013
Autor:Amelia González Iglesias
O SER HUMANO
Autor: Amelia González Iglesias
Galego

Con frecuencia ocurren feitos que fan reflexionar sobre a condición humana: tan imprevisible, tan incontrolable, tan contradictoria, tan extraordinaria, tan capaz, tan domesticable, tan mezquina…Os humanos somos capaces de sentir amor, apaixonamento, tenrura, solidaridade, pena…e á vez cometer verdadeiras atrocidades que contradin estes e outros sentimentos.

Hai actitudes colectivas de todo tipo, positivas e negativas. Pero o que me impresiona moi especialmente é o comportamento individual.

Que complexos somos!

Incomprensible parece que existan violacions  de todo tipo protagonizadas por persoas as que se lle supoñen bos sentementos e que en moitas ocasións, non parecen sospeitosas. O maior enemigo dos humanos son os propios humanos, os que son capaces de vivir varias vidas o mesmo tempo.

Fai pouco oin unha frase que vou permitirme facela  miña: “Crecer é unha soedade crónica”. Creo que cada quen marca e dirixe a propia vida, anque sexa luchando cas influencias. O xermen dos defectos e virtudes do ser humano son comúns. Todos temos medos, temos sentimentos racistas, sentimos celos, somos egoístas…Naide é tan, tan perfecto, nin tan, tan ruín. Costa asumir a propia responsabilidade, sempre buscamos xustificación ós nosos actos. É duro asumir a culpa.

Pero cada persona, dirixe a súa conducta, según a escala de valores que vai forxando o longo da vida, incluso a pesares das circunstancias que o rodean e debe asumir as consecuencias.

Nas mans de cada quen está facer esta sociedade máis ilusionada, máis relaxada, máis feliz, máis humana...

En cada un de nós está a esperanza.

 

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net