Volumen 13 Número 1 ano 2013
Autor:Emilio A. Quintana Fontaíña
Manuel Díaz
Autor: Emilio A. Quintana Fontaíña
Galego

O nome seguramente non di moito, pero este señor tiña unhas citas semanas na radio nos anos sesenta á noitiña que eran una verdadeira chamada á conciencia de Galicia. Nesas datas ninguén era capaz de usar o galego nun medio de comunicación, dirixíndose á gran mayoría das xentes do campo como facía Xeixadelo.

Xeixadelo poñía nas súas citas toda a retranca, o humor e todos os ingredientes para entrar nas casas dos seus seguidores. Usaba o galego de Ribadeo cuns arcaísmos moi curiosos e cunha musicalidade excepcional.

Ademais de bo comunicador, Xeixadelo era un gran amante do folclore e un bailador moi destacado chegando a estar de xurado cando había aquelas actuacións da Sección Feminina en Ourense ou onde fixera falla.

Tamén foi redactor nun xornal galego de moito prestixio e animador de alguna asociación cando requerían a súa presencia.

Seixalbo débelle gratitude a este home porque cando o teleclube estaba na casa de Don Agustín Gándara Montero el acompañou a varios mebros da directiva para ir falar co Delegado de Información e Turismo que era Don Joaquín Fol y Vilar para facerlles a petición dun local propio e deste xeito manter o Teleclube sen mudanza alguna. En de mal as xestións non foron adiante anque Xeixadelo puxo todo do seu lado.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net