Volume 9 Número 1 Ano 2010
Autor:Marisa Iglesias Picouto
O LABIRINTO DO FAUNO
Autor: Marisa Iglesias Picouto
Galego Castelán
Hai uns meses que o final da guerra entre españois cumpría 71 anos. Despois de tantos mortos, sobreviría unha sinistra ditadura que sumiría á Patria Nai no atraso e na ignorancia. Moitos libros e películas intentan mostrar esta páxina negra da loita entre esquerdas e dereitas. Como filla e neta destes españois que se exiliaron na Arxentina, quixen que os meus alumnos e alumnas tomaran conciencia das consecuencias tan terribles desta guerra fratricida.


Fai clic para agrandar...

Son profesora de Lingua Castelá en Bos Aires, Arxentina, e cun grupo de adolescentes ( entre 15 e 17 anos) este ano intentei motivalos en Literatura cunha película, “ El laberinto del fauno”. Recibín unha gran sorpresa ó comprobar o interese que espertou nos meus alumnos e alumnas. Puideron reflexionar sobre a crueldade que se viviu despois da guerra.

Moitos deles, netos e bisnetos de españois, aportaron datos de relatos orais, de experiencias de vida e outros, un material fotográfico sumamente valioso. Todo isto permitiu que xurdira un debate moi enriquecedor e puidemos comparalo coa época da Ditadura que vivimos aquí, na Arxentina, e que conmemoramos o 24 de marzo. Sentinme moi satisfeita con esta experiencia tan entrañable.

Como conclusión, fixeron un traballo escrito. Nel destacaron o valor de seguir mantendo esta Democracia, aínda que existan diferenzas inevitables e debates encarnizados entre partidos opositores. Nisto, tamén españois e arxentinos podemos sentirnos mancomunados...
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net