Volume 10 Número 2 Ano 2010
Autor:Emilio A. Quintana Fontaíña
Seixalbo cultural
Autor: Emilio A. Quintana Fontaíña
Galego
Primeiro foi a casa da Xunta dos veciños -que fora do procurador Ramón Santás Freire- despois foi a cesión da casa dos herdeiros de César Iglesias Freire á Asociación cultural Agromadas, e máis tarde foi a adquisición da casa dos herdeiros de Abelardo Arce Mayora polo Concello de Ourense para un Centro Cívico en Seixalbo. En pouco tempo, Seixalbo vai ter ben prontiño estes tres focos de cultura que teñen que traballar -aínda máis- polo que é noso e de todos os nosos conveciños.

Se temos conciencia do que somos e onde queremos chegar, a tarefa será dura, aínda que non insalvable e así acadaremos o proveito, non sen grandes sacrificios, mais con firme vontade de querer chegar a ese obxectivo.

Seixalbo debe aproveitar esta oferta cultural para a promoción das súas xentes e poñernos ao nivel dos demais barrios urbanos de Ourense, e se os nosos colindantes queren participar das actividades desenvolvidas neste lugar, mellor para todos, xa que das apartacións, resultamos enriquecidos todos.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net