Volume 10 Número 2 Ano 2008
Autor:Alberte Pavón Casares
Aelyta
Autor: Alberte Pavón Casares
Galego
Fai clic para agrandar...
Aelyta estaba sentada no sofá da súa casa vendo a tele. Era una rapaza de catorce anos co cabelo loiro e os ollos verdes, moi atlética, pois xogaba ao baloncesto e era das mellores da liga, aínda que moi baixiña. Estaba esperando, moi aburrida, a Yumi porque quedaron con Ulrich e Odd para ir a unha cabana a fumar. Todos os sábados e domingos se reunían.

Á casa de enfronte chegou un matrimonio cun único fillo, chamado Will. Os pais de Aelyta coñecían aos de Will porque coincidiron con eles na universidade. Will converteuse ao cabo dun par de semanas no noivo de Aelyta, pero el descoñecía que Aelyta ía fumar. Ela non quería que o soubese porque Will odiaba o tabaco. Un sábado, Aelyta díxolle a Will que se ía de viaxe cos seus amigos e co pai de Odd a pasar unha tarde no lago. Cando se despediu de Aelyta o pai de Odd inda non chegara, ela díxolle a Will que se fose, entón entrou na súa casa, dirixiuse á súa habitación, mirou pola ventá que daba á estrada e viu como Aelyta se marchaba cara o bosque e a Will estrañoulle porque non había un lago cerca, pero pensou que posiblemente os recollería noutra estrada.

Cando Will volveu a ver a Aelyta preguntoulle a donde foran e ela contestoulle que ao final o pai de Odd non puido recollelos e que os levara o pai de Ulrich.

O seguinte fin de semana Aelyta comentoulle a Will que se ían á praia esa mesma tarde. Will despediuse e como o pai de Ulrich tardaba decidiu irse. Entrou na súa casa e outra vez mirou pola ventá. Outra vez desapareceron polo bosque, pero esta vez seguiunos. Os dous rapaces e as dúas rapazas entraron nunha cabana no medio dun claro do bosque. Will escondeuse detrás dunha árbore. Ao ver que non saían aproximouse á ventá e atopou a Ulrich, Odd, Yumi e Aelyta fumando. Saíu correndo cara a súa casa, non quería saber nada máis. Meteuse na cama, indeciso, non sabendo que facer, se cortaba con ela por mentirlle co de fumar, pero amábaa demasiado para deixala.

Ao saír da cabana Aelyta encontrou a carteira de Will e adiviñou que estivera alí. Foise correndo á casa de Will, timbrou e ao velo diante díxolle que o sentía moito, que se arrepentía de non terlle contado a verdade. Will contestou que se lle quería debería deixar de fumar, ela abandonou o tabaco porque lle quería máis que a nada no mundo.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net