Volume 10 Número 2 Ano 2008
Autor:Consello de Redacción - Revista Solaina
Revista Solaina. Cambio de formato
Autor: Consello de Redacción - Revista Solaina
Galego
A partir deste número a Revista Solaina cambia de formato tentando facilitar a súa lectura e presentando os artigos cunha maquetación máis parecida á dunha revista en papel.

A Revista Solaina publícase en galego, pero algúns dos seus artigos chegan doutras latitudes e noutras linguas. Isto fíxonos pensar na posibilidade de ofrecer ós nosos lectores a posibilidade de ler o artigo tamén na lingua en que foi escrito polo autor. Neste número xa publicamos dous textos en galego e na súa lingua de orixe (valenciano, nun caso, e español, no outro).

Esperamos que estas innovacións sexan ben recibidas e que xordan novos colaboradores.

Disfruten do verán.

Consello de Redacción
Revista Solaina
Correo electrónico: agromadas@seixalbo.com

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net